top of page

O goberno cruceño anuncia unha manifestación para o día 4 senón se restablece o servizo de pediatría

"O Sergas ratificou que se seguía cos trámites para retomalo e que o retraso viña ocasionado por temas burocráticos, dando a entender que na última semana do mes xa estaría solucionado", informa o tenente de alcalde


Laura Moure/Vila de Cruces

O grupo de goberno de Vila de Cruces, co seu alcalde á cabeza, lembra que tiñan xa preparada unha manifestación que se celebraría o pasado domingo día 10 de outubro ao coñecer que a Xunta ía deixar de prestar o servizo de pediatría no municipio e iso era

inadmisible. Pero, recalca, que un comunicado dos responsables do Sergas, fixo que non se levara a cabo co compromiso firme de que se restablecería o servizo a partir do 15 de novembro. Unha vez pasada esta data, comprobouse que non se estaba a cubrir este servizo e dende o goberno de Xuntos decidiron esperar algúns días ao ser coñecedores de que os trámites administrativos en algunhas ocasións se retrasan. Pero ante todo isto, xa contan cunha nova data para a manifestación, tal e como avanza.


Recorrido unha semana do prazo asignado o tenente de alcalde, Julio López, sinala que intentou poñerse en contacto coa responsable do Sergas que se comprometera verbalmente había máis dun mes. "Pero en todo ese tempo foi imposible manter unha conversación, ata o día de onte, no que esta mesma persoa ratificou que se seguía cos trámites para retomar o servizo de pediatría en Vila de Cruces e que o retraso viña ocasionado por temas burocráticos, dando a entender que na última semana do mes xa estaría solucionado", informa López.

Julio López.

Ante un problema tan grave o goberno municipal de Xuntos decidiu solicitar a subdelegación do Goberno unha nova data para unha posible manifestación a cal se decidiu que fose o vindeiro 4 de decembro. "Esta manifestación non se celebrará se antes desta data o concello de Vila de Cruces volve a contar co servizo de pediatría, que foi no que se volveron a comprometer na última conversa do día de onte". Como dende o goberno de Vila de Cruces xa non se fían de que vaian a cumprir o dito, poñerase en contacto cos restos de grupos da corporación para consensuar o lema da manifestación e anímaos a que se sumen a esta, para que Vila de Cruces volva a ter este servizo.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page