top of page

O BNG de Vila de Cruces anuncia que seguirá coas medidas de presión para recuperar pediatría

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O BNG de Vila de Cruces continuará na loita para recuperar o servizo de pediatría no municipio. Ten claro dende o primeiro momento que "nin a palabra do tenente alcalde, Julio López, nin a suposta intervención do exalcalde Jesús Otero, o cal, no seu momento, deixou marchar as urxencias con total impunidade, son garantía de nada, e menos para facer algo de proveito para Vila de Cruces como o restablecemento do servizo pediátrico". Recalca que tralo "incumprimento do suposto acordo telefónico, anunciado o pasado 9 de outubro, entre o tenente alcalde cruceño, Julio López, e a xerencia da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, para a reposición de pediatría o 15 de novembro e Vila de Cruces segue sen servizo".

Por esta razón, o BNG entregou as sinaturas recollidas da veciñanza no Parlamento e "alí, unha vez máis asistimos á confirmación tras vetar a proposta do BNG, de que a política do PP e o goberno de Feijóo, en materia de Sanidade, consiste basicamente en afogar as persoas que xa teñen contratadas e eliminar o maior número de servizos posibles no rural. Vila de Cruces non está nin moito menos en posición de seguir perdendo servizos e menos, dar por ben feito o proceder chapuceiro e a inacción do goberno local, cun alcalde que nin é capaz de conseguir unha reunión coa xerencia do Sergas co obxectivo de chegar a un acordo para a recuperación dos servizos".


Ante isto o voceiro nacionalista, Álex Fiúza, anuncia seguir coas medidas de presión, de pancartas e mobilización social e política para acadar o obxectivo do restablecemento do servizo pediátrico, “os servizos que os gobernos de PP e agora Xuntos, deixan marchar nunca máis se recuperan, provocando que outros concellos medren mentres as nosas veciñas e veciños de Vila de Cruces están cada vez máis desatendidos”.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page