top of page

O DOGA publica a listaxe de bens e dereitos afectados pola implantación de Altri na Ulloa

Abarca fincas dos concellos de Palas de Rei, Santiso, Agolada e Melide


Ecos da Comarca/Palas/Santiso/Agolada/Melide

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou este luns, 4 de marzo, o anuncio do 20 de febreiro de 2024, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada (AAI), o estudo de impacto ambiental (EIA), a declaración de utilidade pública e o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas, promovido por Greenfiber, S.L. e declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2022, que se vai implantar no concello de Palas de Rei.

Fonte: Adega

O proxecto Gama de implantación dunha fábrica de fibras téxtiles a base de celulosa, en Palas de Rei (Lugo), promovido por Altri Participaciones y Trading, S.L., foi declarado proxecto industrial estratéxico (PIE) polo Consello da Xunta de Galicia, ao abeiro do establecido no Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial.


Mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Industria, do 11 de xullo de 2023, aprobouse o cambio de titularidade do proxecto industrial estratéxico (PIE) a favor da sociedade Greenfiber, S.L., e declarouse a dita modificación como non substancial.


Publicidade

Os interesados poden consultar todo o proxecto así como a relacións de bens e dereitos afectados nos concellos de Palas de Rei, Santiso, Agolada e Melide no seguinte enlace:


O que se fai público, de conformidade co artigo 80.3 do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).


A dita documentación poderá consultarse no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través da seguinte ligazón:


NOTICIAS RELACIONADAS:


Publicidade




0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page