A xornada está convocada por distintas asociacións da zona e asistirán diferentes personalidades
Laura Moure/Palas de Rei
Palas de Rei acolle hoxe, sábado 17, ás cinco da tarde un acto informativo sobre a posible instalación da empresa Altri nesta localidade. Terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura.
Esta xornada está convocada pola Asociación Agrocuir da Ulloa, a Fundación Eira-Adega, Asociación Quercus Sonora, a Asociación O Zuleiro, Asociación de Consumidores de Produtos Ecolóxicos e Artesanais da Ulloa e a Orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas 'Os lobos'.
Están convidados á cita Altri SPGS S.A.; a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Industria e Innovación da Xunta de Galicia; o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada; Santiago Ortiz, catedrático de Botánica da Facultade de Farmacia da USC; Antón Masa da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra; Ana Corredoira, gandeira da Granxa Cernada; Montse Pérez, hosteleira da Casa de Turismo Rural Bolboreta, Joao Ribeiro, enxeñeiro florestal da Asociación Quercus de Portugal e o acto estará moderado por Emilio Carral, docente da área de Ecoloxía da USC.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments