top of page

A empresa portuguesa Altri elixe Palas de Rei para asentar a única fábrica de fibra téxtil de España

Esta firma portuguesa prevé xerar 1500 empregos directos, ademais doutro millar deles indirectos co seu asentamento nesta localidade


Laura Moure/Palas de Rei

A empresa portuguesa Altri elixiu Palas de Rei para asentar a súa planta galega de fibras vexetais. Así o avanzou este martes o CEO da compañía, José Soares de Pina, logo de reunirse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Esta firma portuguesa prevé xerar 1500 empregos directos, ademais doutro millar deles indirectos co seu asentamento en Palas de Rei, onde establecerá a única fábrica de fibra téxtil de España. O biocomplexo industrial producirá pasta de celulosa para fabricar Iyocell a partir de madeira de bosques certificados.

Taboada e Feijóo.

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, manifesta que “hoxe é un día histórico para Palas de Rei e para a Comarca da Ulloa, así como, para os municipios da zona. Dos máis de 40 posibles emprazamentos analizados para a súa instalación, finalmente resultou elixido o de Palas de Rei polas súas condicións de dispoñiblidade de recursos hídricos e terreo suficiente para dar cumprida resposta as súas necesidades” subliña o mandatario. E ademais recalca que “o asentamento de Altri en Palas de Rei, suporá unha notable revitalización económica no interior de Galicia, neste senso, quero agradecer os esforzos da Xunta de Galicia e do seu presidente Alberto Nuñez Feijóo, así como o Parlamento de Galicia polas súas xestións na encomenda de dar preferencia a provincia de Lugo para a materialización do seu asentamento”.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page