top of page

O alcalde de Agolada reúnese co seu homónimo de Palas de Rei para interesarse pola empresa Altri

Esta firma instalarase neste municipio da Ulloa e dará emprego a unhas 2.500 persoas, polo que beneficiará tamén aos concellos veciños


Ecos da Comarca/Agolada/Palas

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, mantivo este venres unha reunión co seu homónimo de Palas de Rei, Pablo Taboada. O motivo do encontro foi interesarlle polo asentamento da empresa Atli neste municipio da comarca da Ulloa.

Esta compañía portuguesa decidiu instalar neste concello a primeira fábrica de fibras

téxtiles de España, e segunda de Europa, coa que prevé lograr fondos europeos Next Generation e crear uns 2.500 postos de traballo directos e indirectos. Arrancará a súa construción a finais do ano 2023.

O rexedor agoladense brindoulle todo o apoio ao mandatario palense porque é consciente de que esta firma beneficiará tamén aos habitantes dos concellos veciños, entre eles Agolada. “Será unha empresa que ofrecerá emprego a moita xente e que contribuirá á revitalización desta zona do rural de Galicia”, indica Calvo, quen recalca que foi unha reunión moi construtiva na que ambos alcaldes trataron temas tan importantes como son a creación de emprego e a activación do rural.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page