top of page

Augas de Galicia realiza labores de conservación en 3,3 quilómetros de ríos, no concello de Vila de Cruces

hace 2 minutos
1 min de lectura

Prolongaranse durante 14 días e incluirán a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos


Laura Moure/Vila de Cruces

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento fluvial en 3,3 quilómetros de varios ríos ao seu paso polo concello de Vila de Cruces. En concreto, as tarefas desenvólvense no río Beuvas, na parroquia de Añobre, nun tramo de case 1,2 quilómetros; no río Añobre, en Camanzo, ao longo de preto de 700 metros; no río Frontilleiro, en Frieira, nun treito de 750 metros; e nun rego en Gres, ao longo doutros 750 metros.

Os traballos, que se prolongarán durante 14 xornadas, realizaranse coa aplicación de motoserras, rozadoiras, podadeiras e outras ferramentas manuais, que contarán tamén co apoio dun tractor.

 PUBLICIDADE

As tarefas consistirán na retira de árbores caídas e biomasa das canles, así como na roza puntual de acceso aos ríos. Unha vez finalizadas as obras programadas por Augas de Galicia, estes tramos fluviais quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída na canle.


O organismo hidráulico desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías da demarcación Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección. Neste caso, ademais, trátanse de zonas catalogadas como áreas de risco potencial significativo de inundación (Arpsi).

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

O obxectivo do programa é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page