top of page

O Goberno de España mellora a cobertura móbil 5G en Rodeiro

hace 10 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Rodeiro

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra informou os alcaldes de Rodeiro, Luis Camiñas, e Fornelos de Montes, Emiliano Lage, de que os seus municipios figuran entre os beneficiarios do programa estatal «5G Redes muy rurales», impulsado polo Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública para estender a cobertura móbil de quinta xeración a zonas rurais que carecen destas infraestruturas.

O Ministerio publicou a proposta de resolución definitiva desta convocatoria, que contempla a concesión de 17,46 millóns de euros en axudas ás operadoras Orange Espagne S.A. e Telefónica Móviles España S.A. para levar a tecnoloxía 5G a 358 zonas rurais de España nas que actualmente non existe cobertura 4G e/ou 5G e nas que non estaba previsto o seu despregamento nos próximos tres anos.

 PUBLICIDADE

Na provincia de Pontevedra, os proxectos beneficiarán os municipios de Rodeiro e Fornelos de Montes. No primeiro caso, a operadora adxudicataria é Orange Espagne S.A., que ten en marcha un proxecto para instalar unha antena na parroquia do Salto, co obxectivo de solucionar os problemas de cobertura móbil existentes nesta zona. En Fornelos de Montes, a operadora beneficiaria é Telefónica Móviles España S.A., que xa está a traballar na instalación da infraestrutura na parroquia da Laxe.


A Subdelegación do Goberno destaca que estas actuacións permitirán mellorar as comunicacións en zonas do interior da provincia nas que as dificultades de cobertura supoñen unha limitación para a veciñanza e para o desenvolvemento da actividade económica. O programa estatal está dirixido precisamente a territorios nos que as operadoras non tiñan previsto realizar estes investimentos por razóns de rendibilidade económica.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Así mesmo, a Subdelegación subliña que o obxectivo destas infraestruturas é mellorar a conectividade da poboación con independencia da compañía de telefonía contratada, no marco das obrigas de cobertura e acceso universal ás redes establecidas pola normativa de telecomunicacións.


Galicia recibirá 4,85 millóns de euros en axudas

Galicia recibirá 4,85 millóns de euros en axudas para instalar 38 antenas 5G que darán cobertura a 81 zonas rurais, cun investimento total de 8,08 millóns de euros. No conxunto de España, o programa mobilizará máis de 26 millóns de euros para mellorar a conectividade de 358 zonas rurais.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page