top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Agolada "aclara os rumores infundados sobre o proxecto Altri"

A edil nacionalista, Susana Tato, pronúnciase sobre o bando do alcalde, Luis Calvo


Ecos da Comarca/Agolada

Os pasados días veciños de Agolada acusaron ao Concello "de ter secuestrada a información de Augas de Galicia sobre Altri", a empresa que pretende instalarse no concello de Palas de Rei. Ademais, a concelleira nacionalista deste concello, Susana Tato, esixe que se poña a disposición da veciñanza o proxecto que xa que está en fase de exposición pública. Antes estas dúas noticias, o alcalde do municipio, Luis Calvo, pronunciouse este luns a través do seguinte bando.


Publicidade

Ante este bando, a edil nacionalista, Susano Tato, tamén se pronunciou onte. O que dixo:

"Rara vez entro en polémicas e menos nas redes sociais. Pero esta vez véxome na obriga de contestar o BANDO DA ALCALDÍA publicado hoxe (por este luns), máis que nada porque se me fai alusión directa.


Que o Alcalde de Agolada e os seus concelleiros nos costan uns cartos que non merecen xa o viña percibindo dende fai tempo. Pero hoxe acabaron de demostrarmo!! Bueno, o menos demostroumo o señor Alcalde, Don Luis Calvo Miguélez.


Vamos por puntos:

PRIMER FALLO DO SEÑOR ALCALDE: No DOG Número 243 de 26 de Decembro , no que se publica o Proxecto, deixa moi claro que estará dispoñible a Documentación no Concello de Agolada. Se dende o Concello, fixeran o traballo polo que están a cobrar un soldo todos os meses, unha vez que se publica e non lles chega o normal e que fixesen unha reclamación a Augas de Galicia para que lles enviase a documentación e cumprir así ca normativa.


SEGUNDO FALLO DO SEÑOR ALCALDE: Dime que está publicado no DOG a Disposición de TODOS, correcto. Pero Señor Alcalde os seus veciños e veciñas son xente corrente, moita xente maior, moitos non teñen nin medios para acceder a internet. Ni saben, nin teñen porque saber.. ¿para que o escolleron a vostede? ¿Para andar de paseo na pickup, coche que se supón que é pa servizos sociales? Ou para atender as necesidades dos veciños e veciñas?. Que estamos a falar incluso de posibles expropiacións Sr Alcalde!!! E se se acercan o Concello en busca de información pública, débeselle facilitar, que para eso está o Concello para axudar a veciñanza. Ainda que o Concello teña que entrar en internet e descargala, que para eso teñen máis medios e máis coñecementos.


TERCER FALLO: A súa obriga, Sr Alcalde é que ante un proxecto da magnitude de Altri, e que afecta o seu Concello, se moleste en imprimir o Proxecto, estudialo, facer charlas informativas, informar a toda a veciñanza, e principalmente os afectados. Saber o que pensa a veciñanza sobre o proxecto. E incluso, se quedase demostrado que este proxecto e prexudicial para os seus veciños e veciñas presentar o propio Concello as alegacións que considere oportunas.


Publicidade

Eu hoxe (por este luns) estiven reunida con Alcalde de Santiso, porque él, o contrario que vostede, sí quixo recibir e reunirse co Bng de Agolada. E dígolle unha cousa, debería vostede tamén reunirse con el (xa que conmigo e o meu equipo non quere) e que lle de unha clase de comportamento e de como traballa un Alcalde que quere e sobre todo respecta os seus veciños y veciñas y como loita por o seu Concello.

E agora, se o estima ,quite outro Bando da Alcaldía, que seguro que aínda queda peor do que xa o está a facer!


CONSELLO GRATUITO: Se dende Augas de Galicia non lle enviaron a documentación correspondente, e que se indica no DOGA que tiña que ter. Presente unha reclamación, solicitando unha ampliación do prazo por incumprimento, e así aínda lle da tempo de informar os veciños e veciñas, como o debeu facer dende o primeiro día. E lle da a xente máis marxe para presentar as alegacións, se o estiman oportuno.


Publicidade

No DOGA pon claramente que o proxecto se tiña que expoñer publicamente no Concello de Agolada (o de Santiso ten o proxecto a disposición de quen o queira ver) e tamén do que lle solicitamos o Alcalde, tanto no escrito urxente, como na moción rexistrada para o próximo pleno. Penso que non estamos a pedir ningunha cousa nin imposible, nin que atente contra ningún Concello. Máis ben son cousas que xa deberían salir da Corporación Local sin necesidade de solicitalo".


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page