top of page

Silleda acolle hoxe unha xornada formativa sobre o autismo na adolescencia da man de Aúpa Deza

hace 5 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda colabora na organización dunha xornada formativa da man de Aúpa Deza centrada no autismo na adolescencia, que terá lugar hoxe, sábado, 24 de outubro, co obxectivo de afondar no coñecemento desta realidade e favorecer unha maior comprensión das necesidades das persoas con autismo durante esta etapa vital. A formación estará impartida por Marlene Horna, psicóloga especializada en autismo, e desenvolverase en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 19:00 horas, cunha duración total de oito horas e terá lugar no salón de actos da Casa do Concello.

A adolescencia é unha etapa marcada por importantes cambios persoais, emocionais e sociais, na que poden xurdir novos retos e necesidades de apoio.


Neste contexto, a formación pretende contribuír a un maior coñecemento das particularidades do autismo durante estes anos, favorecendo unha visión máis ampla e respectuosa da diversidade e das diferentes formas de percibir, comprender e relacionarse co contorno.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A xornada constitúe tamén unha oportunidade para ampliar coñecementos, resolver dúbidas e reflexionar sobre a importancia de ofrecer unha resposta adaptada ás necesidades de cada persoa. A formación e a sensibilización son ferramentas fundamentais para avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva, na que as persoas con autismo conten co apoio e coa comprensión necesarios para desenvolver o seu proxecto de vida.


A participación será gratuíta para as persoas socias de Aúpa Deza, mentres que as persoas non socias deberán aboar unha cota de 20 euros. As persoas interesadas poden consultar a información completa e formalizar a inscrición a través do código QR incluído no cartaz da actividade.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Con esta colaboración, o Concello de Silleda reafirma o seu apoio ás iniciativas impulsadas polo tecido asociativo que contribúen á formación, á sensibilización social e á difusión de coñecementos sobre o autismo. Un compromiso orientado a promover unha maior comprensión da diversidade e a avanzar cara a unha comunidade máis consciente, inclusiva e respectuosa coas necesidades de todas as persoas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page