O lalinense Alfonso Lago, novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra
Ecos da Comarca/Lalín
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este venres co novo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, o lalinense Alfonso Lago. Na xuntanza encomendoulle continuar coa tarefa desenvolvida nestes anos polas persoas que lle precederon no posto, ao tempo que fortalecer unha Subdelegación eficaz, aberta e próxima á cidadanía, administracións e institucións desta provincia.

PUBLICIDADE
Alfonso Lago Ferreiro naceu en Lalín (Pontevedra) en 1962. É doutor enxeñeiro industrial pola Universidade de Vigo, onde actualmente era Profesor Titular da Área de Tecnoloxía Electrónica.
PUBLICIDADE
Nesta institución tamén ocupou distintas responsabilidades como Vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións e Vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente. Na súa traxectoria académica participou en 29 proxectos de I+D+I e contratos de investigación e publicou 11 libros ademais de entregar 50 comunicacións a congresos. É membro senior do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers).









Comentarios