Rodeiro rende homenaxe a Juan Carlos Diéguez Patao tras máis de tres décadas no Concello
Laura Moure/Rodeiro
Onte foi un día especial e emotivo no concello de Rodeiro. Os compañeiros e compañeiras do Concello, quixeron renderlle a Juan Carlos Dieguez Patao unha merecida despedida con motivo da súa xubilación, despois de máis de 30 anos de servizo público.

"Máis de tres décadas de traballo, dedicación e compromiso coa veciñanza de Rodeiro, formando parte do día a día do noso Concello e contribuíndo, desde a súa responsabilidade como funcionario, ao funcionamento da administración municipal e á atención dos nosos veciños e veciñas", destaca o alcalde do municipio, José Luis Camiñas.
PUBLICIDADE
Ademais, o rexedor engade que "para min, como alcalde, foi unha satisfacción e unha honra poder acompañalo neste momento tan especial e darlle esta despedida en nome do Concello, xunto cos seus compañeiros e compañeiras de traballo".
PUBLICIDADE
"Juan Carlos, grazas polo teu traballo, pola túa dedicación e por todos estes anos de servizo a Rodeiro. Desexámosche que esta nova etapa veña chea de saúde, tranquilidade, tempo para os teus e moitos momentos de felicidade, é pensando que levas as chaves do concello para que non te olvides de volver por aquí. Hoxe péchase unha etapa profesional, pero queda o recoñecemento e o agradecemento de todos os que compartimos contigo tantos anos de traballo", concluíu Camiñas.









Comentarios