Ecos da Comarca/Melide
O PP de Melide ven de presentar unha moción na que solicitan o apoio do bipartito local, AM-PSOE, no que respecta á implantación na comarca da Terra de Melide e Ulloa da pasteira ALTRI, "un proxecto que debuxará un novo panorama económico, laboral e social en ambas dúas provincias, Galicia e incluso España", recalca.
Dende o grupo municipal popular expresan que “cremos convinte facer esta declaración de intencións, que agardamos, sexa apoiada tanto por Am como polo PSOE dado que é a oportunidade do interior de Galicia, e polo tanto, de Melide en múltiples ámbitos. Non podemos permitirnos cores políticas neste sentido, este asunto é capital”.
Dende as filas populares preocupan as declaracións do delegado do goberno, José Miñones, "en canto aos comentarios de localización da fábrica de fibras téxtis así como a auditoría da Comisión Europea que realiza mensualmente aos países membros, nos que o ritmo de execución dos fondos Next Generation é máis baixo do que se agarda".
Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, sinala que "agardamos que esta
proposta non sexa obxecto de debate na corporación melidense. É fundamental
fortalecer as fortalezas de Melide para o futuro que este proxecto supón, de aí a necesidade de presionar, en todos os ámbitos de decisión de que haxa un apoio forte cara esta iniciativa”.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments