top of page

Melide mellora o servizo gratuíto derecollida de plásticos agrícolas coa retirada nas explotacións

hace 17 minutos
1 min de lectura

As persoas interesadas poderán solicitar o servizo do 13 de outubro ao 15 de novembro


Ecos da Comarca/Melide

O Concello de Melide introduce un cambio no servizo gratuíto de recollida de plásticos agrícolas para facilitarlles a retirada destes materiais aos gandeiros e gandeiras. Ata o de agora, establecíanse unhas datas nas que debían depositar os residuos en puntos habilitados nas parroquias para a súa recollida. Co novo sistema, o camión desprazarase directamente ás explotacións, evitando que teñan que trasladalos ata eses lugares.

Con esta modificación, os gandeiros e gandeiras xa non terán que desprazarse para depositar os plásticos, que deberán estar limpos, apilados e situados nun lugar accesible

para o camión. Non se admitirán materiais almacenados en ‘big bags’.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O período para solicitar a recollida ábrese catro veces ao ano, unha frecuencia que xa foi

 ampliada polo actual equipo de Goberno. Nesta ocasión, o servizo poderá solicitarse entre

o 13 de outubro e o 15 de novembro, mentres que a recollida comezará o 20 de novembro

e continuará sendo totalmente gratuíta para as explotacións.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

As persoas interesadas deberán chamar ao teléfono 981 50 50 03 ou enviar un correo

electrónico a comercio@concellodemelide.gal. O horario de atención será de luns a

venres, de 9:00 a 15:00 horas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page