top of page

Buscan en Lalín a un veciño de Goiás desaparecido do seu domicilio

hace 12 minutos
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

Un dispositivo de busca trata de localizar a Anxo, un veciño de Bailás, na parroquia lalinense de Goiás, que leva máis de tres horas desaparecido do seu domicilio, tal e como informou o Concello de Lalín preto das 22:00 horas deste luns, 21 de setembro 2026.

Anxo, o veciño desaparecido.
Anxo, o veciño desaparecido.

Anxo padece alzhéimer, polo que podería atoparse desorientado. Segundo os últimos datos manexados no operativo, tería sido visto achegándose cara a Lalín, polo que a procura está a intensificarse especialmente no casco urbano e na súa contorna.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Na busca participan efectivos da Garda Civil, Emerxencias Lalín e Policía Local, que están a rastrexar diferentes zonas para tratar de dar canto antes co seu paradoiro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A familia e o dispositivo solicitan a colaboración da cidadanía. Calquera persoa que poida ter visto a Anxo ou dispoña dalgunha información que poida axudar á súa localización poden chamar ao 678 48 47 62 (Emerxencias Lalín).

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page