top of page

A Garda Civil desarticula un grupo criminal que cometeu roubos en Vila de Cruces

hace 48 minutos
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Deza

A Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil  de Ourense no marco no marco da “Operación Ziralla”, desarticulou un grupo organizado especializado no roubo de vivendas habitadas. A investigación iniciouse o pasado día 30 de novembro, en razón de 6 roubos cometidos na provincia de Ourense. A detención produciuse o pasado día 18 de novembro na provincia de Pontevedra, os agora detidos sortearon ata en dúas ocasións diferentes, ás Unidades de Intervención de la Garda Civil.

 PUBLICIDADE

O grupo organizado agora detido empregaba vehículos compactos de gran cilindrada. O día da súa detención, dous vehículos de la Garda Civil resultaron danados en Vila de Cruces ante a arremetida do vehículo no que viaxaban os detidos. Eles continuaron a marcha pero tiveron un accidente caendo o vehículo por un desnivel e tiveron que ser trasladados ao hospital.

A este Grupo Organizado, atribúenselles preto de 20 roubos en vivendas nas provincias de Ourense, Pontevedra (A Estrada, Forcarei e Vila de Cruces) e A Coruña. O seu modus operandi consistía en seleccionar previamente vivendas unifamiliares tipo chalé, situadas en urbanizacións ou zonas residenciais tranquilas. Actuaban sempre en horario nocturno, aproveitando las primeiras horas tras o anoitecer para perpetrar varios asaltos en distintos inmobles durante unha mesma xornada.

Despois de cometer os presuntos feitos delituosos ocultábanse nunha zona agreste de difícil acceso nun monte, situado na provincia de Pontevedra, utilizando para pernoitar unha tenda de campaña.

Puidéronse recuperar diversas xoias, algunhas de las cales foron recoñecidas polos seus lexítimos propietarios. Tamén se interviñeron diversas ferramentas empregadas nos feitos obxecto de investigación, diferentes placas de matrícula dobradas que intercambiaban de xeito constante para dificultar a súa identificación e localización, así como máis de 5.000 €.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A operación saldouse coa detención de tres cidadáns albaneses, de entre 31 e 32 años, que xa ingresaron en prisión provisional.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
32941502-7315-4b45-bdb2-1e2337015ba2.jfif

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page