Un incendio nun colector de lixo no Pino sáldase só con danos materiais
Ecos da Comarca/O Pino
Un colector de lixo ardeu na tarde-noite de onte en Quintás, na parroquia de Ferreiros, no concello do Pino, sen que se rexistrasen máis danos que os ocasionados no propio recipiente.

PUBLICIDADE
Segundo informan os bombeiros de Arzúa, a chamada de aviso recibírona ás 20:13 horas. Unha vez no lugar, os efectivos procederon a extinguir as lapas co carrete de pronto socorro e a arrefriar o colector.
PUBLICIDADE
Posteriormente, remexeron os residuos cunha azada para comprobar que non quedasen focos activos e completar así a extinción do lume.









Comentarios