Melide acolle hoxe, martes 23, unha concentración ante a falta de profesorado no conservatorio
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 2 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
A ANPA do Conservatorio Municipal de Melide convoca para hoxe, martes 23 de xuño, unha concentración pública para esixir a cobertura inmediata das prazas de profesorado que seguen vacantes, e que están a prexudicar gravemente o dereito á educación musical do alumnado. Será ás 12 horas na Praza do Convento, diante do Concello.

"Actualmente faltan docentes en varias especialidades, o que provoca interrupcións nas clases, atrasos na aprendizaxe e unha situación insostible para estudantes e familias", sinala o colectivo.
PUBLICIDADE
A incorporación urxente do profesorado que falta, guitarra, acordeón e canto.
Solucións reais e inmediatas por parte do Concello.
Un compromiso firme coa continuidade e calidade do Conservatorio.
Equipo directivo ?? Para cando??
PUBLICIDADE
A asociación convida a apoiar esta causa e a traer instrumentos ou cacerolas. "A ver se así escoitan aos pais e ás nais dunha vez. A música é un dereito. O alumnado non pode agardar. Participa e fai valer a túa voz", recalca a ANPA, que ademais informa que entregará as sinaturas recollidas ata o momento, que xa superan as 1.000.
NOTICIAS RELACIONADAS:
O PP de Melide denuncia "a neglixente xestión do Conservatorio Municipal": https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-melide-denuncia-a-neglixente-xesti%C3%B3n-do-conservatorio-municipal
ANPA: "A Valedora do Pobo pide de novo ao Concello de Melide o informe sobre o profesor de guitarra": https://www.ecosdacomarca.com/post/anpa-a-valedora-do-pobo-pide-de-novo-ao-concello-de-melide-o-informe-sobre-o-profesor-de-guitarra
Concentración en Melide para esixir que se cubran os postos de tres docentes no conservatorio: https://www.ecosdacomarca.com/post/concentraci%C3%B3n-en-melide-para-esixir-que-se-cubran-os-postos-de-tres-docentes
Concentración o 20 de abril en Melide pola falta de profesorado no conservatorio: https://www.ecosdacomarca.com/post/concentraci%C3%B3n-o-20-de-abril-en-melide-pola-falta-de-profesorado-no-conservatorio
O PP de Melide demanda explicacións urxentes ante a a falta de persoal e "do descontrol" no Conservatorio: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-melide-demanda-explicaci%C3%B3ns-urxentes-ante-a-a-falta-de-persoal-e-do-descontrol-no-conserva








Comentarios