Concentración o 20 de abril en Melide pola falta de profesorado no conservatorio
- ecosdacomarca

- 15 abr
- 2 Min. de lectura
A ANPA Harmonía mobilizarase todos os luns ata final de curso se non se contratada docentes e recollerá tamén sinaturas
Ecos da Comarca/Melide
A ANPA Harmonía do Conservatorio Municipal de Melide convoca unha concentración para o vindeiro 20 de abril, entre as 18:30 e as 19:00 horas, na Praza das Universidades (edificio multiusos) co obxectivo de reclamar solucións inmediatas ante a falta de profesorado que afecta ao funcionamento do centro. Tamén procederán a recoller sinaturas.

Segundo sinalan as persoas convocantes, a mobilización pretende chamar a atención sobre a situación actual do conservatorio e defender o seu futuro como servizo público esencial, así como reclamar a contratación urxente de persoal docente para garantir unha formación musical de calidade.
A concentración está aberta á participación da comunidade educativa, alumnado, familias e veciñanza, que se unen para visibilizar o impacto que a carencia de profesorado está a ter tanto no desenvolvemento das clases como na estabilidade do proxecto educativo do centro.
PUBLICIDADE
Desde a organización lembran que a educación musical pública é un dereito e insisten na necesidade de actuacións rápidas por parte das administracións competentes para asegurar a continuidade e normal funcionamento do conservatorio.
Baixo o lema “A música é un dereito. A educación non pode agardar”, fan un chamamento á participación cidadá nesta mobilización en defensa do ensino musical público en Melide.
PUBLICIDADE
"Dende agora ata que remate o curso se non cubren aos profesores que faltan, imos a concentrarnos tódolos luns e tamén imos a recadar firmas para isto mesmo", adianta a ANPA.
NOTICIAS RELACIONADAS:
O PP de Melide denuncia "a neglixente xestión do Conservatorio Municipal": https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-melide-denuncia-a-neglixente-xesti%C3%B3n-do-conservatorio-municipal
ANPA: "A Valedora do Pobo pide de novo ao Concello de Melide o informe sobre o profesor de guitarra": https://www.ecosdacomarca.com/post/anpa-a-valedora-do-pobo-pide-de-novo-ao-concello-de-melide-o-informe-sobre-o-profesor-de-guitarra
Concentración en Melide para esixir que se cubran os postos de tres docentes no conservatorio: https://www.ecosdacomarca.com/post/concentraci%C3%B3n-en-melide-para-esixir-que-se-cubran-os-postos-de-tres-docentes








Comentarios