top of page

A Coral Polifónica de Melide celebrará a XXXVI Semana da Música da Terra de Melide en novembro

hace 9 horas
1 min de lectura

Laura Moure/Melide

A Coral Polifónica de Melide organiza a XXXVI Semana da Música da Terra de Melide, que se celebrará os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro de 2026 no Centro Sociocultural Mingos de Pita, en Melide. Os concertos comezarán ás 19:30 horas.


Baixo o lema «O San Roque… tamén ten historia», esta nova edición reunirá diferentes agrupacións musicais e corais nunha programación que pon en valor a música e a cultura da comarca.

A programación comezará o sábado 14 de novembro coas actuacións de Froito Novo, a Banda-Escola de Música de Visantoña, Cuarta Xusta e Nós o Noso. O domingo 15 será a quenda de Lucía Lugrís, Gaiteiros do Balado de Toques e a Asociación A Maristela de Sobrado.


O sábado 21 actuarán Herba Grileira, Leirabuxo, Pozo Pequeno e Vide Preto. Xa o domingo 22, o público poderá gozar das actuacións de Os da Taberna, a Coral Polifónica de Santiso e Os Melidaos.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A programación continuará o sábado 28 con Suso Ascariz e o Conservatorio de Melide. Finalmente, o domingo 29 de novembro, a XXXVI Semana da Música da Terra de Melide pecharase coas actuacións de A Bandiña de Melide e a Coral Polifónica de Melide.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

A iniciativa conta co patrocinio da Deputación da Coruña e do Concello de Melide, e consolídase como unha cita destacada para a difusión e o encontro musical na Terra de Melide.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page