top of page

Concentración en Melide para esixir que se cubran os postos de tres docentes no conservatorio

Ecos da Comarca/Melide

A ANPA Harmonía do Conservatorio Municipal celebrou o pasado luns unha concentración diante do conservatorio de música de Melide para esixir que se cubran os postos de tres docentes.

Manifesto lido durante a concentración:

"Hoxe estamos aquí, diante do Conservatorio Municipal de Música de Melide, non por capricho, nin por confrontación, senón por responsabilidade. Estamos aquí como nais, pais, profesorado, alumnado e veciñanza que defendemos un servizo público esencial para o noso pobo.


Levamos tres cursos sen profesor de guitarra. Este curso, o alumnado quedou tamén sen profesora de canto e sen profesora de acordeón. Hai que recordar que esto afecta, ademais dos matriculados nestes instrumentos, a outras materias impartidas por ditos profesores/as. Cada unha destas especialidades ten a súa casuística, pero as tres teñen en común a falta de solución. Non estamos ante un problema puntual, estamos ante un problema estrutural que se prolonga no tempo e que afecta directamente á formación do noso alumnado.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Cada curso que pasa sen solución é un curso perdido:

  • Perden as nenas e nenos.

  •  Perden as familias.

  •  Perde Melide.


O conservatorio non é un luxo, é un servizo cultural público que forma, educa, crea comunidade e enriquece a vida cultural do noso concello e da súa contorna. A música educa en disciplina, sensibilidade, esforzo e traballo en equipo. A música abre portas! E o noso alumnado merece as mesmas oportunidades que calquera outro.

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

O Concello é o responsable directo da contratación do profesorado, por iso pedimos, con respecto pero con firmeza, que asuma esa responsabilidade e dea unha solución inmediata e estable. Non pedimos privilexios, pedimos dereitos básicos. Pedimos que se garanta a continuidade das ensinanzas. Pedimos estabilidade para o alumnado. Pedimos compromiso real co futuro do conservatorio.


Queremos deixar claro que esta mobilización non responde a ningunha ideoloxía nin partido político. Somos un grupo de nais e pais unidos pola defensa dos intereses dos nosos fillos e fillas. O noso único obxectivo é que o Conservatorio de Melide funcione como merecen os veciños e veciñas de Melide. Porque defender o conservatorio é defender a cultura. Defender a cultura é defender o futuro! Moitas grazas".


NOTICIAS RELACIONADAS:





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page