top of page

O PP de Melide demanda explicacións urxentes ante a a falta de persoal e "do descontrol" no Conservatorio

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide alerta unha vez máis "da grave situación de caos que atravesa o Conservatorio de Melide, cunha importante falta de medios e presuntas irregularidades na contratación do profesorado". Salienta que o Conservatorio de Música de Melide vive dende hai anos "a ineptitude dun goberno local máis preocupado dos seus problemas internos que de ofrecer un servizo axeitado, o cal é absolutamente lamentable toda vez que se trata dunha ensinanza reglada e cuxa xestión está traendo grandes perxuízos ao alumnado".

O alumnado, apuntan os populares, "denuncia continuamente que despois de ter pagado as taxas correspondentes seguen agardando durante anos polo título correspondente, xerando un agravio e unha situación de indefensión absoluta. Neste sentido, esiximos que se dé cobertura urxente tanto ao alumnnado como ao profesorado logo de meses de

incertezas e desgoberno".


O Partido Popular de Melide insta ao Concello de Melide a dar explicacións urxentes sobre esta grave situación e adianta "que de seguir con este escurantismo, falla de transparencia e falla de interés por parte do Goberno local resérvase o dereito de

acudir aos tribunais en defensa das familias de Melide que se están vendo afectados". “É de todo punto inadmisible que dende hai tres anos teñamos que soportar esta situación: falta de medios, falta de profesorado en varias especialidades, lentitude na regulación dos expedientes do alumnado... Todo mentres o goberno local segue sen dar explicacións e botando balóns fóra”, sinalan os populares.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Non podemos, apuntan, "permitir que un centro con tantos anos de historia e con tanto prestixio acadado, que leva décadas sendo un motor que dinamiza económica e socialmente o noso concello, leve o mesmo camiño que outros servizos de referencia como foi a piscina climatizada municipal. Un servizo menos, un novo logro do Goberno de Pérez".


Ademais, sinala o PP que a "situación do persoal do Conservatorio relacionase directamente co irregular proceso de selección de prazas como o de conserxe nalgún centro educativo da vila. Procedemento que leva meses interrumpida polas presuntas irregularidaedes e logo de que estas foran denunciadas formalmente por algún dos aspirantes á praza. Cómpre recordar que o PP de Melide xa alertou desta situación logo de observar unha modificación da valoración de méritos dos aspirantes sen xustificación aparente".

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O Grupo Municipal Popular vén de rexistrar unha solicitude formal para que se lle trasladen os informes de secretaría e intervención acerca a situación do profesorado, e

do alumnado que estando cursando o último treito da súa formación poden ver comprometida a súa titulación. "Así mesmo, presentamos mocións e preguntas de

control ao goberno cuxa resposta é sempre insuficiente".


"Deste xeito, dende a nosa formación reiteramos o noso apoio ás familias afectadas que están loitando polo futuro dun servizo e dunha ensinanza que foi referente durante anos, insistimos novamente ao goberno local da necesidade de dar explicacións urxentes e lembramos que de non ser así avaliaremos accións legais en defensa dos veciños e veciñas de Melide que ben merecen un servizos de calidade".


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page