top of page

Melide acolle hoxe, martes 23, unha concentración ante a falta de profesorado no conservatorio

Ecos da Comarca/Melide

A ANPA do Conservatorio Municipal de Melide convoca para hoxe, martes 23 de xuño, unha concentración pública para esixir a cobertura inmediata das prazas de profesorado que seguen vacantes, e que están a prexudicar gravemente o dereito á educación musical do alumnado. Será ás 12 horas na Praza do Convento, diante do Concello.

Cada luns estiveron concentrándose diante do conservatorio.
Cada luns estiveron concentrándose diante do conservatorio.

"Actualmente faltan docentes en varias especialidades, o que provoca interrupcións nas clases, atrasos na aprendizaxe e unha situación insostible para estudantes e familias", sinala o colectivo.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.
  • A incorporación urxente do profesorado que falta, guitarra, acordeón e canto. 

  • Solucións reais e inmediatas por parte do Concello. 

  • Un compromiso firme coa continuidade e calidade do Conservatorio. 

  • Equipo directivo ?? Para cando??

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

A asociación convida a apoiar esta causa e a traer instrumentos ou cacerolas. "A ver se así escoitan aos pais e ás nais dunha vez. A música é un dereito. O alumnado non pode agardar. Participa e fai valer a túa voz", recalca a ANPA, que ademais informa que entregará as sinaturas recollidas ata o momento, que xa superan as 1.000.


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page