O motivo radica no feito de que o Comité de Folga recibiu unha cita para ter un novo encontro o vindeiro xoves día 25 de xaneiro
Ecos da Comarca/Xeral
O colectivo de bombeiros comarcais, que este xoves levantaba a concentración indefinida que mantiña na praza do Obradoiro, ven de desconvocar dúas das cinco manifestacións que tiña programadas entre esta fin de semana e a data de comezo da campaña electoral para as autonómicas. Concretamente as manifestacións que estaban previstas en Santiago de Compostela para os días 20 e 22, e que tiñan previsto un percorrido que pasaría tanto pola Xunta de Galicia, bastión do PP, como polas sedes do PSdeG-PSOE e do BNG.
O motivo da desconvocatoria radica no feito de que durante a tarde deste xoves, o Comité de Folga recibiu unha cita para ter un novo encontro o vindeiro xoves día 25 de xaneiro.
Publicidade
Cabe recordar que un dos motivos polos que se detivo a concentración permanente do Obradoiro, era segundo os representantes da parte traballadora, para que o persoal puidera coller folgos ante una nova fase de medidas de presión, xa que desde o día 3 de xaneiro non había programado ningún novo encontro entre a parte social e a patronal.
As conversas mantidas de xeito extraoficial, foron suficientes para que a parte social depositara esperanzas no novo encontro que terá lugar a vindeira semana, e que continuará no punto de achegamento de posturas que se mantiña ata o pasado día 3.
Publicidade
Pero isto non evita que o Comité de Folga manteña certa actitude previsora para o caso de que finalmente a acción sindical deba continuar (con varias medidas programadas que non serán difundidas para non arriscar o factor sorpresa).
Chamamento á calma
O Comité de Folga fai un chamamento á calma dos traballadores aos que representa, e solicítalles que sexan as palabras que desde este órgano se difunden as que sexan escoitadas; non as de certos medios de prensa que na xornada deste xoves enviaron mensaxes que fan entrever unha realidade diferente da actual.
Publicidade
Desde o Comité de Folga confían que as cousas avancen nas vindeiras datas no sentido desexado, para poder aliviar a situación de conflito na que se encontran os Bombeiros Comarcais de Galicia. Con todo, os representantes advirten aos Bombeiros para que estean preparados para movementos notificados con moi pouco tempo de antelación, coa certeza de que, de ser o caso, a resposta será, como ven sendo habitual neste colectivo, o máis masiva posible.
De momento o que impera é a calma tensa, coa pretensión de que o xoves se acade un acordo que permita que esa calma se relaxe, a pesares de que o acordo entre Administracións e traballadores, non satisfaga todas as pretensións da parte social (que tería que seguir avogando por acadar melloras de base), pero si como para poder deixar a folga a un lado (logo de máis de 7 meses) e instaurar unambiente de negociación futura moito máis produtivo.
NOTICIAS RELACIONADAS:
"O accidente mortal de Melide evidencia unha vez máis a actitude neglixente que están a ter Xunta e Deputación": https://www.ecosdacomarca.com/post/o-accidente-mortal-de-melide-evidencia-unha-vez-m%C3%A1is-a-actitude-neglixente-que-est%C3%A1n-a-ter-xunta-e
O Parque de Bombeiros de Arzúa continuará cerrado hoxe, martes 26, por segundo día consecutivo: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-parque-de-bombeiros-de-arz%C3%BAa-continuar%C3%A1-cerrado-hoxe-martes-26-por-segundo-d%C3%ADa-consecutivo
O alcalde de Melide móstralle o seu apoio aos Bombeiros de Arzúa: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-alcalde-de-melide-m%C3%B3stralle-o-seu-apoio-aos-bombeiros-de-arz%C3%BAa
O goberno de Arzúa trasládalle ao Parque de Bombeiros o seu apoio na loita de mellores condicións: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-goberno-de-arz%C3%BAa-trasl%C3%A1dalle-ao-parque-de-bombeiros-o-seu-apoio-na-loita-de-mellores-condici%C3%B3ns
Entrevista a José Luis Pareja, membro Comité de Folga: https://www.ecosdacomarca.com/post/entrevista-a-jos%C3%A9-luis-pareja-membro-do-comit%C3%A9-de-folga-dos-bombeiros-comarcais
Os bombeiros comarcais denuncian "a instalación ilegal de cámaras de videovixiancia no interior dos parques": https://www.ecosdacomarca.com/post/os-bombeiros-comarcais-denuncian-a-instalaci%C3%B3n-ilegal-de-c%C3%A1maras-de-videovixiancia-no-interior-dos
Sen solución o conflito: https://www.ecosdacomarca.com/post/sen-soluci%C3%B3n-no-conflito-dos-bombeiros-comarcais-de-galicia
Agradecemento dos bombeiros a Compostela: https://www.ecosdacomarca.com/post/agradecemento-dos-bombeiros-comarcais-de-galicia-a-santiago-de-compostela
Comentarios