top of page

Sen solución no conflito dos bombeiros comarcais de Galicia

Ecos da Comarca/Xeral

O Comité de Folgal dos Bombeiros Comarcais anuncian que o conflito segue sen solución.


Este é o seu comunicado íntegro:

"Máis de 7 meses despois de que dese comezo a folga indefinida dos Bombeiros Comarcais de Galicia, e tras máis de 600 peches de parques por toda a comunidade, o colectivo observa decepcionado a indiferenza e deixamento coa que as Administracións (Xunta e Deputacións) afrontan as negociacións que poderían facilitar o inicio da normalidade. Desde que o pasado día 3 de xaneiro que se mantivo a última reunión, a día de hoxe as Administracións non facilitan unha data para un novo encontro, a pesar de que na última quedada a patronal aludise a unha próxima cita na segunda semana do ano.

A parte traballadora presume que as Administracións implicadas (Xunta e Deputacións) están a utilizar aos bombeiros como arma arreboladiza ante os inminentes comicios que haberá a nivel autonómico. “Non é un xogo ao que nos prestemos a xogar” esgrime Ángel Moldes, presidente do Comité de Folga. Pola súa banda, José Luis Pareja, tamén membro do Comité de Folga, quen critica a lentitude en todos os pasos que dan os seus interlocutores, apunta que “tan só queremos desbloquear e poñer solucións a un problema que está a afectar seriamente á cidadanía. Parece que teñamos máis interese e actitude os bombeiros que os propios políticos”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Honorino Raña, secretario do comité de folga, aclara que “está a resultar moi complicado

conter aos compañeiros. A falta de acción por parte das administracións fai que a presión suba sobremaneira, e todo pode estalar en calquera momento”.


A situación sen dúbida é complexa e desde a parte social está a tratarse de manter a calma, pero a actitude de Xunta e Deputacións (esquivando responsabilidades e apuntándose mutuamente co dedo) non axuda a resolver o problema, cada vez máis preto dunhas eleccións nas que PP e PSOE parecen ser os principais responsables a ollos dos bombeiros.


O certo é que sen unha proposta en firme sobre a mesa, a idea de “nada temos, nada perdemos” cobra forza entre os profesionais do lume.


Éxito da concentración que finaliza hoxe, día 18, ás 14 horas

O pasado 15 de decembro daba comezo unha concentración por tempo indefinido na que o colectivo de bombeiros pretendía utilizar a Praza do Obradorio como un altofalante desde o que chegar ao mundo. E así foi. Día e noite, de forma ininterrompida, mantívose presenza dos profesionais na praza. A campaña do Nadal resultou ser todo un éxito.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Veciños de Santiago, pero tamén multitude de visitantes de toda Galicia, xunto con turistas de diferentes comunidades españolas e mesmo doutros países, sorprendíanse ante as explicacións que os profesionais dabamos sobre a nosa situación laboral. Na xornada de onte (17 de xaneiro) na recollida de firmas que os traballadores manteñen no Obradoiro, completouse a cifra de 32.000 apoios. Cifra simbólica para os bombeiros xa que 32.000 euros (por baixo da media) é o salario bruto anual que demandan estes traballadores e co que conseguirían elevar a súa retribución mensual ata os 1.670 euros líquidos ao mes, aínda lonxe dos 1800€ - 1900€ que calquera outro bombeiro cobra (facendo menos horas e en mellores condicións de seguridade que os traballadores folguistas).


Con todo, as pretensións das administracións están moi por baixo. Superado o final da campaña do Nadal e vendo que o obxectivo pretendido foi alcanzado con éxito, o Comité de Folga aclarou onte (por martes) nun comunicado aos traballadores que mañá (por hoxe) se dará por finalizada a concentración pacífica que se mantiña no Obradoiro, “para coller folgos e afrontar unha nova etapa de acción sindical máis intensa”. Segundo Moisés Fernández, membro do Comité de Folga “É preciso reorganizarnos e mudar ou foco de atención... e iso é ou que tocaagora”.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O paro desta medida permitirá reagrupar forzas dentro do colectivo para afrontar a nova etapa que se cingue sobre o taboleiro, na que de ser o caso e seguir sendo ignorados, abriranse novas frontes nada halagüeños".


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page