Ambas partes mantiveron unha reunión no Consistorio
Laura Moure/Arzúa
O alcalde de Arzúa, Xoan Xesús Carril, xunto con membros do equipo de goberno municipal, mantiveron unha reunión con representantes do Parque de Bombeiros de Arzúa, un sector que se atopa en folga desde o pasado mes de xuño en reivindicación de melloras laborais.
Publicidade
Neste encontro abordouse a situación do colectivo e a falta de medios materiais coa que se atopa o parque, carecendo, por exemplo, dun vehículo de altura que, de necesitalo, ten que vir de Betanzos ou de Carballo.
Publicidade
O alcalde, Xoan Xesús Carril, en representación do goberno municipal trasladoulles o seu apoio na loita por un convenio xusto e digno, e pola mellora nas condicións do sector para garantir a súa seguridade e a de toda a poboación. “Dende o Concello incidiremos nas peticións de incrementar o persoal e os equipamentos, esixíndolle responsabilidade para buscar solucións a este conflito laboral ás autoridades competentes” .
Publicidade
A área de Arzúa comprende aos concellos de Arzúa, Boimorto Melide, Touro, O Pino, Santiso, Toques, Sobrado dos Monxes e Vilasantar. En total da cobertura a 37.000 habitantes cun radio de accion de 851 km².
NOTICIA RELACIONADA:
O pasado sábado o parque de Arzúa estivo pechado pola falta de persoal. https://www.ecosdacomarca.com/post/este-s%C3%A1bado-permanece-pechado-o-parque-de-bombeiros-de-arz%C3%BAa-por-falta-de-persoal
Comments