top of page

Este sábado permanece pechado o parque de Bombeiros de Arzúa por falta de persoal

Se algo pasa na comarca de Arzúa e Terra de Melide terán que vir os Bombeiros de Ordes ou de Betanzos


Ecos da Comarca/Arzúa

Infórmannos que hoxe, sábado, permanece pechado o parque de Bombeiros de Arzúa por falta de personal. "En concreto, están pechados hoxe tanto o parque comarcal de Arzúa e o de Santa Comba, pechados pola mala e nefasta xestión dos responsables de emerxencias. Se algo pasa na comarca de Arzúa e Terra de Melide teñen que vir os Bombeiros de Ordes ou de Betanzos, co que o tempo de resposta incrementase en 40 minutos máis do habitual. Esperemos que non pase nada", sinalan dende este sector afectado.

Publicidade

"Estamos informando aos Concellos afectados para que tomen cartas no asunto e reclamar a boa xestión deste servizo, que dende o Consorcio de Bombeiros está a ser nulo e nefasto. E un servizo esencial para todos os veciños e está na vosa obriga reclamar que funcione o 100%", resaltan.


Publicidade

Deste xeito, ademais destes profesionais, vense afectados directamente os veciños e veciñas de Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Melide, Santiso,Toques, Sobrado dos Monxes e Vilasantar.


Publicidade

Cabe mencionar que os Bombeiros levan tempo en loita para mellorar os servizos públicos dos bombeiros dos Consorcios Provinciais.

0 comentarios

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page