top of page
Foto del escritorecosdacomarca

"O accidente mortal de Melide evidencia unha vez máis a actitude neglixente que están a ter Xunta e Deputación"

O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais de Galicia emitiron este mércores un comunicado en relación a isto


Ecos da Comarca/Xeral

O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais de Galicia emitiron este mércores un comunicado tras o accidente mortal ocorrido en Melide este martes. Ese mesmo día, o parque de Bombeiros de Arzúa, que é o encargado desta zona, estaba pechado por segundo día consecutivo.

Este é o seu comunicado:

"O accidente acontecido onte (polo martes) en Melide, con dous vehículos implicados resultando un falecido e un ferido que precisou de tarefas de excarceración, puxo en evidencia unha vez máis a actitude neglixente que están a ter Xunta e Deputación ante a prestación do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.


Publicidade

Onte (polo martes) a falta de persoal nos parques de Bombeiros Comarcais fixo que dende os Consorcio Provincial de Coruña se optara por pechar o parque de Bombeiros de Arzúa, pero non coma noutras ocasións, xa que cando isto acontecía, prestábase a atención das Comarcas de Arzúa e Melide dende o Parque de Bombeiros de Ordes, instalacións que onte tamén estiveron sen servizo pola falta de persoal.


O accidente acontecido, de ter estado operatativo o Parque de Bombeiros de Arzúa, teriase atendido en 12 minutos. Mais o feito de estar o seu parque de bombeiros pechado fixo que dende a Central de Atención Integral de Emerxencias 112 Galicia, mobilizaran aos profesionais do GES de Monterroso (provincia de Lugo), que con unicamente dous efectivos, solicitaron o apoio do GES de Curtis para completar unha dotación eficiente de traballo, demorando a prestación do servizo tan só 29 minutos. Mais esta atención, non sendo tardía, foi 17 minutos maior que o que tería sido de estar aberto o parque arzuán.


Publicidade

Se dende o colectivo de Bombeiros Comarcais insistimos en que 3 efectivos somos totalmente insuficientes, non podemos deixar de dencunciar a grande carencia de persoal que hai no GES, máis acentuada que nos nosos servizos, con moitas menos garantías para a seguridade dos efectivos que actúan nas emerxencias e para as propias vítimas ás que atenden.


Os Bombeiros Comarcais queremos recordar á cidadanía que o feito de que se pechen os parques de referencia supón un agravio importante na prestación do servizo de extinción de incendios e salvamento, polo que sempre instamos ás vítimas a que denuncien xudicialmente a demora da prestación do servizo, para que os responsables de non mantelo operativo como debera, deixen de actuar con total impunidade.


Publicidade

O GES DE MONTERROSO XA ESTABA DE POR SI ATENDENDO MÁIS ÁMBITO DE ACTUACIÓN DO QUE LLE CORRESPONDÍA

A situación de desprotección que vive a cidadanía e que por suposto descoñece, acentuábase onte (polo martes) ao darse de casualidade de que o GES de Monterroso , estaba xa a ter un ámbito de actuación moito maior do habitual, xa que o Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, determinara que por falta de bombeiros, onte se pechara o parque de Chantada, cargando ao GES de Monterroso cunha responsabilidade impropia, ao ter que dar cobertura a todo o suroeste da provincia, feito que se ven repetindo nas últimas datas.


Por tanto, a excarceración de onte, supuxo deixar totalmente desprotexida a gran parte da proboación luguesa mentres os dous efectivos do GES estaban a prestar dito servizo na provincia da Coruña, debido ao peche do parque de Bombeiros de Arzúa.


O Comité de Folga de Bombeiros Comarcais.

NOTICIAS RELACIONADAS:



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page