top of page

Un veciño de Arzúa perde a vida nun accidente de tráfico en Melide

Actualizado: 28 dic 2023

Ecos da Comarca/Melide/Arzúa

Foi no Barreiro onde tivo lugar o accidente. Autor: Ecos da Comarca.

Como xa adiantamos onte pola noite, este martes orixinouse un accidente mortal no Barreiro en Melide. Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha colisión entre dous vehículos.

Publicidade

O suceso ocorreu no quilómetro 53 da N-547, no Barreiro. O persoal sanitario non puido facer nada pola vida dun dos implicados, mentres que os efectivos dos GES liberaron a un ferido que foi evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

O aviso chegou ao 112 Galicia a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, contra as 21:30 horas. Pouco despois, os voluntarios de Protección Civil de Melide chamaban desde o punto e xa apuntaban á posibilidade de que unha persoa estivese falecida.


Publicidade

Ao mesmo tempo, os membros dos GES de Monterroso e de Curtis desprazáronse ata o lugar e actuaron para liberar a unha persoa ferida, que foi evacuada ao hospital compostelán. Cabe mencionar que onte na provincia da Coruña había catro parques de bombeiros pechados, entre eles o de Arzúa, que é o que da servizo a esta zona.


Publicidade

O falecido é un home de 70 anos da parroquia arzuá de Boente.


D.E.P.


NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page