O alcalde de Melide móstralle o seu apoio aos Bombeiros de Arzúa
- Laura Moure
- 15 nov 2023
- 1 Min. de lectura
As bombeiros comarcais de Galicia están en folga dende o pasado mes de xuño reivindicando melloras laborais
Laura Moure/Melide

José Manuel Pérez, alcalde de Melide, vén de manter unha reunión con representantes do Parque de Bombeiros de Arzúa na que se abordou a situación que están a sufrir os bombeiros comarcais de Galicia, en folga dende o pasado mes de xuño reivindicando melloras laborais.
Publicidade
Durante o encontro expúxose a situación de precariedade na que está inmersa o colectivo pola falta de medios materias e persoais, o que está a dificultar gravemente que poidan realizar o seu traballo con normalidade.
Publicidade
O alcalde, José Manuel Pérez, en representación do equipo de goberno, “trasladoulles todo o apoio nas súas reivindicacións, lembrando a importancia e a necesidade do bo funcionamento do corpo de Bombeiros.
NOTICIAS RELACIONADAS:
O parque de Arzúa estivo pechado pola falta de persoal. https://www.ecosdacomarca.com/post/este-s%C3%A1bado-permanece-pechado-o-parque-de-bombeiros-de-arz%C3%BAa-por-falta-de-persoal
O goberno de Arzúa trasládalle o seu apoio: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-goberno-de-arz%C3%BAa-trasl%C3%A1dalle-ao-parque-de-bombeiros-o-seu-apoio-na-loita-de-mellores-condici%C3%B3ns
Comments