top of page

Cuiña pide a López que aclare as prioridades para non ter reformado integralmente o CEIP de Silleda

O alcalde silledense advirte que se teñen feito outras reformas e novos edificios en colexios con menos alumnado e de menor antigüeidade e lembra que a Xunta denegou o último obradoiro de emprego solicitado polo Concello


Laura Moure/Silleda/Agolada

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña Fernández, sae ao paso da “difícil defensa” realizada nas últimas horas polo delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, sobre o nulo

investimento en algúns dos municipios da comarca. O rexedor amosa a súa sorpresa pola alusión a obras que xa están en marcha, e algunhas delas comprometidas dende hai anos –caso da parcelaria de Oleiros ou a reforma do vial Silleda-Laro.


En canto ás manifestacións de López tachando de “mediática e partidista” a enérxica protesta dos rexedores, Cuiña advirte que “moito máis partidista é deixar aos case 20.000 veciños que suman Silleda, Agolada, Cruces e Forcarei sen inversión, coincidindo curiosamente que son municipios non gobernados polo Partido Popular”, indica.

Manuel Cuiña, alcalde de Silleda.

“É de guasa cando estamos reclamando algo que é de xustiza, con investimentos en servizos e infraestruturas que son precisamente da Xunta, non dos Concellos”, engade.


Para o alcalde silledense o máis sangrante da defensa realizada polo delegado é no caso de Silleda a situación do CEIP da localidade. “Di o delegado que as prioridades e o cronograma das actuacións en materia educativa se determinan en base a criterios técnicos e orzamentarios. Pois que nos aclare entón cales son as prioridades para reformar antes que o de Silleda centros educativos máis novos e con menos alumnado”, indica.


O alcalde silledense lembra que hai máis de unha década que tanto o Concello como a comunidade educativa veñen reclamando unha reforma integral deste centro, con graves deficiencias estruturais. “Non queremos que cambien os baños. Queremos que se faga unha reforma integral, ou un centro novo, como xa reclamamos formalmente en 2018”, indica lembrando que os máis de 350 alumnos e alumnas do CEIP ademais de sufrir problemas como as goteiras “seguen sen poder saír ao patio en días de choiva coma estes”, indica.


Talleres laborais

En canto aos Obradoiros de Emprego, o rexedor advirte que López debería documentarse antes de falar, xa que despois de Semente de Pedra, o último obradoiro celebrado en Silleda en 2016, solicitáronse outras iniciativas deste tipo, como Silleda Foresta, en 2018, que foron denegados polo goberno autonómico. Nas últimas convocatorias o Concello de Silleda no cumplía cos parámetros das solicitudes ao non acadar a taxa de desemprego estipulada. “Dicir que non temos inversións porque non ás pedimos é tratarnos de parvos”, engade o alcalde, aclarando que o Concello de Silleda concorre “ás veces con máis sorte ca outras as convocatorias por concurrencida da Xunta, caso da reforma necesaria do parque infantil da Bandeira, que tamén foi denegada e que fará o Concello con fondos propios”, engade.


“Por suposto que sabemos que hai investimentos que hai que pedir, e así o facemos cando se publican as distintas convocatorias”.

Tamén reprocha que se citen como xustificación actuacións como o Polo de Emprendemento, ubicado nunha fundación, ou unha ponte sobre o Ulla en Cira “que por certo non pedimos, e da que temos coñecemento por unha foto nos medios de comunicación”, engade.


“O que estamos reclamando é que a Xunta asuma as súas responsabilidades en infraestruturas e servizos que son da súa competencia. Cousas básicas para o benestar da veciñanza e o desenvolvemento do rural. E nos salen por peteneras acusándonos de non

pedir. Que pasa cos centros de saúde que aínda asumimos dende os Concellos como o situado na Bandeira? Que pasa con infraestruturas da Xunta como o camping de Medelo que está abandonado dende 2013? E sobre todo, cando lle tocará ao CEIP de Silleda a reforma que se merece despois de anos agardando?”.

"Malos alcaldes e alcaldesas seriamos senón levantamos a voz ante esta afrenta cara aos nosos veciños e veciñas", recalca o mandatario silledense

Para o alcalde de Silleda nada ten que ver ademais a boa relación persoal que existe co delegado coas reclamacións que fan os catro concellos. “Lamento profundamente que lle tocara a Luis López sair a palestra para defender o indefendible. Pero malos alcaldes e alcaldesas seriamos senón levantamos a voz ante esta afrenta cara aos nosos veciños e veciñas”.


DECLARACIÓNS DE LUIS CALVO, ALCALDE DE AGOLADA:

Pola súa banda, o alcalde de Agolada, Luis Calvo, tamén pon entredito as palabras de Luis López sobre o que dixo deste municipio.


"Hoxe en prensa sae que o Goberno de Agolada do Partido Anticorrupción Y Justicia perde unha subvención do Plan Marco por valor de mÁis de 60.000 euros, palabras do Delegado Provincial, Luis López.

  1. Primeiro. Por resolución do 15 de decembro de 2017 o director xeral de Agader aproba o plan de mellora de camiños municipais 2018-2019 ( DOG número 10 do 15 de xaneiro de 2018 ).

  2. Segundo. Mediante a resolución o director xeral concede Agolada 70.252,94 € en dúas anualidades, 2018 35.126,47 e tamén 35.126,47 para o exercicio de 2.019.

  3. Terceiro. O 8 de octubre de 2018 Agader ingresa un anticipo de 35,152,47 € da anualidade 2.018.

  4. Cuarto. Nas bases da convocatoria o prazo de xustificación dos investimentos correspondentes a anualidade 2019 rematou o 3 de xuño de 2019, o día 11 de xuño de 2019 requiriuselle o Concello a documentación xustificativa no prazo improrrogable de 10 días cousa que non fixeron !!!!

"Pídolle a o Señor Delegado de Pontevedra que antes de facer estas afirmacións que bote un ollo a documentación primeiro", indica o alcalde de Agolada

Pídolle a o Señor Delegado de Pontevedra que antes de facer estas afirmacións que bote un ollo a documentación primeiro. Tamén informo que o Goberno do Concello (Partido Anticorrupción Y Justicia ) fixo a devolución dese DIÑEIRO hai mais ou menos un mes. Debo informar tamén que desde que está este Goberno aquí non se perdeu ningunha subvención concedida. Nos tomamos posesión dos cargos o 15 de xuño do 2019 e entramos o Concello o 17. Se alguén quere ver a documentación so ten que acercarse ao Concello".


NOTICIAS RELACIONADAS:



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page