top of page

A Xunta inclue unhas inversións iniciaies por 35,7 M€ para as comarcas de Deza e Tabeirós-Montes

Laura Moure/Deza

A Xunta de Galicia inclúe uns investimentos iniciais de 34,7 millóns de euros para as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes no proxecto de Orzamentos 2023, segundo revelou este xoves o delegado territorial de Pontevedra, Luis López, durante o acto de

presentación territorializada das contas. “A Xunta de Galicia é a administración que máis inviste, de longo, nestes oito concellos de interior, xa que o punto de partida en investimentos sitúase nestes 34,7 millóns de euros, unha contía recollida de xeito específico e nominativo, que xurde do noso compromiso con este territorio do norte da

provincia e que vaise ampliar con total seguridade a través dos plans, convenios, ordes de axudas ou novos proxectos que xurden ao longo do ano”, manifestou o representante autonómico, que desvelou que o investimento por cidadán supera os 550 euros, “unha contía moi superior á que adican as demais institucións nestas bisbarras e que reflicte a nosa aposta por esta zona”.

“Movémonos nunha cifra inicial de investimentos moi similar á do ano pasado, oscilando entre os 30 e os 40 millóns de euros, o que demostra que o noso compromiso con Deza e Tabeirós-Montes é algo firme, programado e coherente, que pretende ter continuidade no tempo e dar solucións de progreso de xeito sostido, sen atender a cuestións alleas ao benestar dos cidadáns e á mellora das infraestruturas e dos servizos públicos”, concretou Luis López.


O delegado territorial explicou que as contas da Xunta abranguen as principais necesidades da zona con investimentos en solo empresarial, servizos sociais, sanidade, infraestruturas e seguridade viaria, medio rural, abastecemento, saneamento ou educación e recalcou que “trátase dun punto de partida moi importante, pero que xa se pode considerar afortunadamente como superado pois existen outros fondos xa comprometidos que aparecen en partidas xenéricas para obras coñecidas por todos, como o novo consistorio de Silleda ou a reforma dos dous colexios de Forcarei, por citar só dous exemplos”, detallou Luis López.

O Concello de Lalín vai dispoñer de investimentos por ata 19,6 millóns de euros con partidas específicas nos Orzamentos 2023 da Xunta para a ampliación do polígono Lalín 2000, as obras, o equipamento e o servizo informático do Centro Integral de Saúde, os diversos edificios de servizos rurais e para a extinción de lumes forestais, que inclúen a nova base de helicópteros por 3,8 millóns nun proxecto plurianual, a extensión da rede de saneamento ou o comezo da rehabilitación da Casa de Don Álvaro.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page