top of page

Ler Conta Moito volve a Silleda cunha divertida proposta de teatro e cociña con chocolate

hace 8 minutos
1 min de lectura

A cita será na Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda acollerá o vindeiro venres 25 de setembro


Laura Moure/Silleda

A Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao de Silleda acollerá o vindeiro venres 25 de setembro, ás 17:30 horas, unha nova actividade do programa Ler Conta Moito, coa representación de O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, creada por Galerna Crua.

A proposta, dirixida ao público infantil e especialmente recomendada a partir dos 3 anos, combina teatro, humor e cociña nunha sesión pensada para gozar en familia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta nova aventura, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa amosarán ao público o divertido que pode ser cociñar entre amigos, superarse xuntos e afrontar novos retos, facendo da cooperación e da creatividade parte esencial da historia.


A actividade contará ademais cunha parte práctica. Ao rematar o conto, as persoas asistentes poderán participar nun obradoiro de cociña con chocolate, converténdose tamén en protagonistas da sesión.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Esta proposta forma parte de Ler Conta Moito, o programa de dinamización da

lectura nas bibliotecas públicas galegas no que participa un ano máis o Concello

de Silleda. A cita será o venres 25 de setembro, ás 17:30 horas, na Biblioteca Daniel

Castelao de Silleda.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page