top of page

O BNG esixe un reparto dos orzamentos da Xunta "equitativo e non discriminatorio" en Deza

Ecos da Comarca/Deza

O BNG considera que os orzamentos da Xunta para a comarca de Deza "mostran unha falta de compromiso da Xunta cos concellos máis pequenos e cos seus habitantes, que quedan orfos nun ano de crise sen precedentes. Un orzamento de máis de 12.000 millóns de euros debería dar para chegar a todos os concellos, polo tanto, esiximos un reparto do orzamento que sexa equitativo e non discriminatorio".

Indica que "os investimentos contemplados nos orzamentos acumulan a practica totalidade do investimento nas cabeceiras de comarca, o resto terá que agardar a ver se toca algunha pedrea. É tan desproporcionada a diferenza de investimento que incluso non resultan cribles. Semella que estamos ante un documento de propaganda electoral que despois non se executará, como teñen feito noutras ocasións. Non dubidamos de que todos os investimentos contemplados no orzamento da Xunta para a nosa comarca sexan precisos, de primeira necesidade, pero o resto dos concellos tamén teñen dereito a ser atendidos pola Xunta en igualdade de condicións e satisfacer algunhas das numerosas necesidades que teñen, tales como, solo empresarial ( exempo de Rodeiro, Vila de Cruces, Silleda, …), en investimentos nos CEIP da zona ( exemplo Silleda, Agolada ou Vila de Cruces) , en concentracións parcelarias, algunhas levan máis de 50 anos en proceso (Agolada, Vila de Cruces, Lalín, Dozón, … ), abastecemento e saneamento en todo o rural, separación de pluviais na rede de fecais (exemplo Agolada), en Sanidade ( ambulancia medicalizada, falta de pediatras en concellos, ausencia de servizo de urxencias en Vila de Cruces e médicos , e un longo etc".



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page