Perruquería Marisa.gif

"A Xunta marxina a Melide nos orzamentos para o ano 2023", lamenta o PSOE da localidade

Pola contra, o PP reafirma o apoio da administración autonómica para o municipio "mentres a Deputación e o Concello permanecen de “mans cruzadas”", acusa


Ecos da Comarca/Melide

"Os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2023, marxinan e desprezan a Melide, porque non hai ningunha partida económica nova para as necesidades do pobo", lamentan os socialistas melidenses.

"CERO EUROS para os centros educativos, CERO EUROS para a estrada AC- 840 e CERO EUROS para saneamento, sen contar os que corresponden ao ano 2022 non se inverteron, aínda que os melidenses levamos pagado dende o 2012, máis de 1.5 millóns de euros de canon de saneamento á Xunta de Galicia. Esta é unha marxinación orzamentaria por razóns partidistas, do mesmo xeito que non conceder as subvencións ás que Melide ten dereito e que si lles dan a outros pobos", recalcan.


Ante isto o PSOE adianta que presentará enmendas no Parlamento de Galicia, "como xa fixemos en anteriores anos e non admitiu o PP".

Cabe mencionar que este malestar e indignación tamén se nota na comarca de Deza, onde os alcaldes de Agolada, Silleda e Vila de Cruces, que non pertencen ao PP, tamén se pronunciaron polos escasos fondos que recibirán os seus concellos.


Aplauso dos populares melidenses

Pola súa banda, o PP de Melide vén de analizar os capítulos de gasto dos orzamentos que a pasada semana presentou a Xunta de Galicia no Parlamento galego. "Fronte as desinformacións do bipartito AM-PSOE máis centrado nos seus intereses persoais e nas liortas internas que se manifestan en público unha vez máis, o PP quere deixar claro que os seus intereses son os melidenses, máis servizos, menos impostos e mellor calidade de vida na nosa vila. E para iso demostramos unha vez máis, reitera a portavoz popular, Dalia García, o compromiso da Xunta de Galicia con Melide: a Consellería de Medio Ambiente volve a orzamentar por terceiro ano consecutivo, a pesar de non terse executado nos dous períodos anteriores, o terzo correspondente para o financiamento da obra de canalización das augas residuais do parque empresarial á EDAR municipal. Por outra banda, Augas de Galicia manifesta claramente o seu compromiso coa depuración de augas coa segunda fase do saneamento de O Rañado, parroquia de Santa María (150.000 euros), fito conseguido polo goberno popular no anterior mandato que dotará a esta área de Melide dun servizo fundamental".

Captura que achega os populares de Melide.

Os populares sinalan "que maila que o compromiso da Xunta é palpable e demostrable ca nosa vila o bipartito Pérez-Prado non foi capaz de conseguir ningún investimento para Melide fóra daquelo que a Deputación xa financia por dereito ao recadar os impostos municipais delegados (IBI, IAE e IVTM) a pesar dos múltiples globos onda aos que nos teñen acostumados".


E apuntan que "a Xunta segue a ser, pese a non ter competencias directas en moitas das materias, a administración que maior apoio da aos concellos galegos". Dende a formación popular sinalan "que a meirande parte das actuacións que o Concello “quere facer propias” son financiadas por Ordes da propia Xunta. O fracaso do bipartito Pérez-Prado é tan evidente que nin sequera se asinou un convenio coa Deputación nos máis de tres anos e medio de mandato”. Desta maneira, o PP reafirma o apoio da administración autonómica para o municipio "mentres a Deputación e o Concello permanecen de “mans cruzadas”, acusa.


NOTICIAS RELACIONADAS:



119 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif