top of page

Vila alega ante a Valedora do Pobo para solicitar a reapertura do expediente da residencia de Dozón

hace 9 minutos
2 min de lectura

Ecos da Comarca/Dozón

O conflito pola xestión e o acceso á nova Residencia e Centro de Día de Dozón suma un novo capítulo. Tras as explicacións remitidas polo alcalde de Dozón, Adolfo Campos Vázquez, á Valedora do Pobo, o veciño promotor da queixa, Mario Vila López, interpuxo un recurso de alegacións solicitando formalmente a reapertura do expediente G.6.Q/2465/26.

Vila sinala que o escrito de alegacións d"esmonta punto por punto a argumentación do rexedor e pon o foco na falta de garantías reais para a poboación local".


Explica que :

1. A «vinculación» no regulamento non garante prazas municipais: "Fronte á afirmación do Concello de que os regulamentos de acceso inclúen a «vinculación co municipio», o recurso aclara que dita cláusula é un mero baremo de puntuación, pero non establece ningunha cota ou porcentaxe de reserva de prazas. Ao tratarse dunha concesión de obra pública a unha empresa privada, esta rexerase por criterios económicos sen que o Prego de Cláusulas Administrativas a obrigue a reservar prazas para as persoas empadroadas".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

2. Sen protección para as pensións agrarias: "O recurso denuncia que o Concello non acreditou a existencia de ningún convenio social nin de ningunha Ordenanza Fiscal de Prezos Públicos Bonificados. Isto fai que un equipamento construído en solo municipal e financiado con fondos europeos NextGenerationEU (PRTR) sexa inaccesible para os veciños con menores recursos económicos e pensións agrarias mínimas".

3. Falta de transparencia real no rural: "Fronte á xustificación municipal de ter publicado os anuncios no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e no Boletín Oficial da Provincia o 27 de decembro de 2024, alegase que dita tramitación en plenas festas de Nadal cumpre a burocracia formal pero vulnera o principio de transparencia proactiva nun concello rural de menos de 1.000 habitantes".

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

4. Defensa dos dereitos cívicos: "Respóndese tamén ás descualificacións persoais do alcalde lembrando que o artigo 13 da Lei do Valedor do Pobo recoñece a calquera cidadán o dereito e a lexitimación para defender o interese público e o correcto uso do patrimonio municipal".


Solicitudes á Valedora do Pobo

No recurso dirixido á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, solicítase a

reapertura das investigacións e a emisión duna Recomendación formal ao Concello de

Dozón para que:

  •  Asine un convenio anexo social que garanta unha reserva efectiva e cuantitativa de prazas para residentes.

  •  Estableza unha Ordenanza Reguladora de Prezos Públicos Bonificados.

  • Mellore os mecanismos de información e difusión pública no municipio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page