top of page

‘Regueifando con Pracer’, gravada en Deza, conquista o público e o xurado do Festival de Cine da Roca

hace 10 minutos
2 min de lectura

Laura Moure/Deza

A curtametraxe ‘Regueifando con Pracer’, dirixida por Cora Peña e producida por Trespés Filmes e gravada integramente en Deza e protagonizada por un grupo de adolescentes regueifeiras de Vila de Cruces, Compostela e o Courel, vén de sumar dous novos recoñecementos. A peza foi distinguida co Premio do Público e co Premio do Xurado na categoría de curtametraxes galegas da XIII edición do Festival de Cine da Roca, celebrado esta fin de semana en Guitiriz.

O certame reuniu diferentes propostas cinematográficas galegas e internacionais nas que a música foi o fío condutor. Entre elas estivo este documental, que combina sexualidade, adolescencia e improvisación oral en verso a través da regueifa.


Desde a súa estrea a finais de 2025, ‘Regueifando con Pracer’ foi pasando por diferentes espazos e localidades, especialmente no Deza. A curtametraxe puido verse no IES Marco do Camballón de Vila de Cruces, centro no que estudan parte das protagonistas, así como en Silleda, onde o mosteiro de Carboeiro foi unha das localizacións da rodaxe. Tamén chegou a Lalín, onde reside unha das impulsoras do proxecto, Raquel Doallo, de ‘aopaso’.

Doallo promoveu a iniciativa xunto con María García, de Sra. Placerful, nun proxecto que acabou dando lugar a este documental, dirixido por Cora Peña e producido por Trespés Filmes.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Agora, a curtametraxe continúa o seu percorrido e xa ten dúas novas citas previstas para este outono. ‘Regueifando con Pracer’ poderá visionarse en Ponteareas o 16 de outubro e en Vilar de Santos o 25 de outubro, ampliando así o seu percorrido por diferentes puntos de Galicia.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Os dous premios acadados en Guitiriz súmanse á traxectoria dunha proposta que leva a regueifa e a voz das novas xeracións á pantalla, empregando a improvisación oral como ferramenta para falar de temas relacionados coa sexualidade e a adolescencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page