top of page

Os consorcios provinciais contraincendios e os representantes sindicais do bombeiros comarcais chegan a un acordo


Laura Moure/Xeral

Representantes dos Consorcios Provinciais Contraincendios e Salvamento e das forzas sindicais dos Bombeiros Comarcais mantiveron hoxe unha xuntanza no Consello Galego de Relacións Laborais onde se chegou a un principio de acordo para desconvocar a folga dos últimos meses.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O texto, asinado por representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos

sindicatos, prevé melloras nas condicións laborais referidas tanto ao reforzo de efectivos como aos salarios e horarios, entre outras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Así, continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos centros de traballo dos consorcios provinciais de bombeiros das catro provincias galegas, é dicir, nos 24 parques comarcais da comunidade.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

No acordo prevese tamén crear unha mesa de negociación para concretar a redacción dun novo convenio colectivo e dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT).


NOTICIAS RELACIONADAS:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page