O PP de Melide pide facer público o plan de xestión de residuos da firma que derribou as dúas casas
- ecosdacomarca

- 28 feb 2023
- 2 Min. de lectura
"Segundo os datos que manexamos actualmente a demolición das vivendas non se executou coas adecuadas garantías en materia de residuos", aseguran os populares
Ecos da Comarca/Melide
Os populares de Melide pedirán que o Concello de Melide faga público o plan de xestión dos residuos de construción que empresa contratada para executar a sentenza do derribo de dúas vivendas a semana pasada nesta localidade debe ter en vigor, xa que poñen en dúbida que se fixera este proceso correctamente.

"Segundo a imaxe que pode contemplarse dende o pasado mércores nas propias parcelas están os residuos de construción sen separación algúnha aínda cando a normativa estatal e autonómica obriga que o poseedor dos residuos está obrigado a evitar a mezcla de fraccións que impidan ou dificulten a súa posterior valorización ou eliminación", sinala o PP. Así mesmo, engande a lei establece que “sen prexuízo da normativa específica para determinados residuos, nas obras de demolición, deberán retirarse prohibindo a súa mezcla, outros residuos e manexarse de maneira segura as substancias perigosas, en particular o amianto”. Esta obriga increméntase a partir do pasado 1 de xullo de 2022 cando se sinala esta data como o inicio do prazo para que os residuos da construción os residuos da construción e demolición non perigosos, deberán ser clasificados, en ao menos, diferentes fraccións co fin de facilitar a súa valorización e reutilización.
Os populares melidenses apuntan que puideron comprobar que "sobre a parcela permaneceron os residuos creados consecuencia da demolición das dúas vivendas sen previa separación nin retirada de residuos considerados perigosos". Así as cousas, rexistrarán no Concello de Melide unha solicitude co fin de que o goberno bipartito local faga público a autorización que como xestor de residuos debe ter a empresa encargada da execucción da demolición, cuestión, que dende o grupo municipal popular se pon en
dúbida.
Lamentan ademais que "esta é unha mostra máis do desleixo, a falta de empatía, a
discriminación á hora de cumprir a lei para uns e para outros do goberno que preside o
independente J.M. Pérez". Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, sinala que “é canto menos curioso que a mesma empresa á que lle reclamamos que xestionara ben
os residuos de obra pública na obra de San Antón e que non procedeu á súa retirada ata que procedemos a denunciar, agora, sexa a mesma que mediante contrato menor realice o derrube e cometa os mesmos erros, nun asunto tan sensible como é o derrubo dunhas vivendas”.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Manifestación para evitar o derribo: https://www.ecosdacomarca.com/post/emotiva-manifestaci%C3%B3n-en-melide-para-evitar-o-derribo-das-d%C3%BAas-vivendas-de-dous-irm%C3%A1ns
O PP pide unha solución habitacional para os afectados: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-melide-pide-unha-soluci%C3%B3n-habitacional-para-os-afectados-pola-sentenza-de-derribo-das-casas
O equipo de goberno respóndelle á noticia anterior do PP: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-melide-pron%C3%BAnciase-ante-as-declaraci%C3%B3ns-do-pp-sobre-o-derribo-de-d%C3%BAas-casas-na-vila
O equipo de goberno sinala que é unha sentenza firme: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-lembra-que-o-derribo-das-casas-responde-a-unha-sentenza-firme-ante-a-que-non-cabe-recurso
Anuncio da data de demolición: https://www.ecosdacomarca.com/post/ma%C3%B1%C3%A1-demoleranse-as-d%C3%BAas-vivendas-de-melide-como-dicta-a-sentenza-e-tras-anos-de-loita
Derribo das vivendas: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-melide-pide-recursos-habitacionais-para-os-afectados-hoxe-polo-derrumbe-das-s%C3%BAas-vivendas
Conta bancaria para axudar a unha das afectadas: https://www.ecosdacomarca.com/post/habilitan-unha-conta-para-axudar-a-chus-mosteiro-a-quen-lle-derribaron-a-casa-esta-semana-en-melide







Comentarios