top of page

Mañá demoleranse as dúas vivendas de Melide como dicta a sentenza e tras anos de loita

Actualizado: 22 feb 2023

Ecos da Comarca/Melide

Mañá, mércores de cinza, levarase a cabo a demolición de dúas vivendas situadas na Rúa María Casares e no Camiño Vello de Santiago de Melide tras unha sentenza dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña. Tras unha loita iniciada no 2009 pola denuncia de tres veciños acabarán desta maneira as coñecidas como a casa de José O Municipal.

Unha das casas que se demolerá mañá.

"Este é o estado actual que presentan as casas situadas no Camiño Vello hoxe ás 20.00 horas (Imaxe de arriba). Fantasgórico. Segundo a información que barallamos, mañá ben cediño, ás 8 da mañá, cando metade de Melide está aínda amanecendo e outros camiño do traballo executarase a sentenza que as derrubará. Como se di? Nocturnidade e alebosía quizais…? Nin os propietarios saben a hora. E enteráronse do día por teléfono!

Parecía máis ben unha antroidada ca unha comunicación dunha cousa tan seria como o señalamento para derrubar a túa casa", informa a voceira do PP, Dalia García.

"Respetamos a xustiza e as decisións xudiciais, pero esta decisión é de todo menos xusta: Inxusta polo exaserado do fallo. Inxusta polo insensible do feito de deixar unha persoa sen casa ás portas da súa xubilación. Sen solucións por parte de quen corresponde. Inxusta polo asunto: non se trata de recuperar un terreo municipal, o terreo é dos propietarios. Inxusta por como se xestionou o proceso: contratación directa….etc. etc… Podería seguir… Pero xa pouco máis me queda que dicir. Impotencia", lamenta a popular.


Sentenza firme ante a que non cabe recurso

Pola súa banda, semanas pasadas o actual equipo de goberno, que logrou a Alcadía en 2019, explicou que lamentablemente é unha sentenza firme ante a que non cabe recurso. A información desta no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-lembra-que-o-derribo-das-casas-responde-a-unha-sentenza-firme-ante-a-que-non-cabe-recurso


NOTICIAS RELACIONADAS:



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page