top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Concello de Melide pronúnciase ante as palabras do PP sobre a sentenza de derribo de dúas casas

Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide fixo pública hai uns días a súa demada de dar "unha solución habitacional urxente" para os afectados pola sentenza de derribo das casas sitas na rúa María Casares e no Camiño Vello de Santiago. Con respecto a isto hoxe o goberno local responde ás declaracións dos populares.


COMUNICADO ÍNTEGRO DO GOBERNO LOCAL

A única constancia que hai neste concello de dito caso é un informe emitido polos

Servizos Sociais do Concello de Melide, a petición da interesada, no que se indica a súa

situación na data da súa emisión, mes de outubro do 2021. Consta tamén a

presentación de dito informe no Xulgado do Contencioso Administrativo nº4 da

Coruña coa finalidade de que sirva para anular a sentencia que ordena a demolición da

súa vivenda.


Esta solicitude, a pesar deste informe, foi desestimada polo Xulgado por resolución de

data 14/01/2022 “poñendo de relieve que los ejecutados estuvieron durante toda la

ejecución informados del curso de la misma, sin que hasta la fecha hayan hecho la

solicitud que ahora presentan”.


Os Servizos Sociais do Concello de Melide traballan de xeito autónomo e

independente, polo que calquera caso social que xurda no noso concello é tratado de

xeito rigoroso, gardando absolutamente a confidencialidade e discreción de vida . Neste contexto lamentamos que o Partido Popular de Melide trate datos confidencias

con intereses puramente partidistas.


En canto ao procedemento de contratación para a adxudicación dos traballos de

derribo das vivendas, dando así cumprimento á sentencia xudicial, dende o Concello

de Melide cumpriuse en todo momento coa legalidade, polo que convidamos ao

Partido Popular a que se detecta algunha irregularidade que a poña en coñecemento

dos organismos que consideren.

Por último, no procedemento non era precisa a abstención de ningún membro da

Xunta de Goberno Local xa que non existe ningunha relación de consanguinidade coas

persoas afectadas pola resolución xudicial que decreta a demolición das súas vivendas.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page