"Os tres veciños que denunciaron a ilegalidade das construccións solicitaron ante o Xulgado, en maio de 2020, a execución da sentenza", recalca o goberno de Melide
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide volve a pronunciarse con respecto a sentenza de derribo de dúas casas en Melide. E lembra "que o proceso tivo o seu inicio en marzo do ano 2010, cando tres veciños interpuxeron un recurso de alzada ante o Concello de Melide polo peche duns terreos públicos así como pola situación de ilegalidade dunhas obras efectuadas en dúas vivendas sitas na rúa María Casares e no Camiño Vello de Santiago".
Con motivo da desestimación do recurso, explica, "ante o silencio administrativo do Concello de Melide, os tres veciños denunciantes interpuxeron un recurso no Xulgado do Contencioso de A Coruña, que foi admitido a trámite e polo cal emitiron sentenza no ano 2014, na cal “se ordena la demolición de las obras denunciadas y se ordena al Ayuntamiento de Melide a la incoación de un expediente de recuperación de parte de la parcela 355 del polígono 54 y que en el antiguo catastro aparece como titularidad comunal”.
Ante esta sentenza, o Concello de Melide interpuxo un recurso de apelación solicitando que fose anulada a demolición das vivendas e que no seu lugar se iniciase un procedemento de reposición de legalidade urbanística, sinala a administración local. "O recurso realizado polo Concello de Melide contou coa oposición dos tres veciños denunciante que se mostraron en todo o momento conformes a sentencia de demolición decretada polo xulgado", subliña.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, mediante a sentenza nº501/2015 do 16 de xullo de 2015, desestima o recurso interposto polo Concello de Melide, "insistindo en que o que procede é a demolición total das construcións afirmando que as reformas realizadas nas vivendas foros estruturais, e que as licenzas outorgáronse xa que non afectaban a estrutura das vivendas. Ante esta sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non cabe recurso ordinario algún".
Con posterioridade, con data 20 de maio de 2020, o Concello apunta que "os tres veciños demandantes presentan ante o Xulgado Contencioso Administrativo nº 4 de A Coruña demanda executiva, a través da cal solicitan o cumprimento da sentenza".
"Cabe destacar, que dende xullo do ano 2020, o Concello de Melide viuse na obriga, debido a un requirimento recibido do xulgado”, de enviar o día 5 de cada mes un informe no que se informase dos pasos realizados para dar cumprimento, a maior brevidade posible, a execución da sentenza".
O Concello de Melide quere enfeitizar "que unha vez que a sentenza é firme, e sen posibilidade de recurso, son os propietarios das vivendas os encargados de efectuar a súa demolición, e de non facelo, o xulgado obriga ao Concello, para que de forma subsidiaria execute a sentenza. Dende os servizos sociais do Concello de Melide poñeranse todos os recursos dispoñibles no caso de existir algunha persoa afectada pola sentenza que se atope en situación de desamparo", recalca o goberno local.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Manifestación para evitar o derribo: https://www.ecosdacomarca.com/post/emotiva-manifestaci%C3%B3n-en-melide-para-evitar-o-derribo-das-d%C3%BAas-vivendas-de-dous-irm%C3%A1ns
O que dixo o PP: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pp-de-melide-pide-unha-soluci%C3%B3n-habitacional-para-os-afectados-pola-sentenza-de-derribo-das-casas
O que di o equipo de goberno: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-melide-pron%C3%BAnciase-ante-as-declaraci%C3%B3ns-do-pp-sobre-o-derribo-de-d%C3%BAas-casas-na-vila
Comments