top of page

O lalinense José Ramón Riádigos logra tres medallas no Campionato de Europa disputado en Francia

Laura Moure/Lalín

"Incríble e inolvidable". Con estas dúas palabras describe o lalinense José Ramón Riádigos a súa experiencia no seu primeiro Campionato de Europa debutando como profesional coa Selección Española de Culturismo Natural de ICN Europe. Disputouse esta fin de semana en Francia e Riádigos volve para casa con tres medallas.

Cabe mencionar que o lalinense volveu á competición tras un grave problema de saúde e regresaba coa ilusión e como un reto persoal. Sen embargo, a súa volta non só foi de superación, senón que logrou xa varias distincións en todos os campionatos nos que participou nas últimas semanas. Neste caso, quedou segundo en Culturismo 1’75 cm e terceiro, en Culturismo -72 kg e PRO Men’s Classic Physique, respectivamente.


"Había moitísimo nivel como se prevía ao ser un Europeo. Estou inmensamente feliz, orgulloso e moi satisfeito por todo o traballo realizado en dito campionato. Consciente de que no meu debut como profesional coa Selección Española non podo pedir máis. Independientemente do resultado, o premio máis grande foi o compañerismo e o bo rollo que vin en todo momento nos equipos, unha selección con moito nivel, atletas con moi bos físicos e o mellor é o bo trato e os unidos que estabamos en todo momento, iso é o que te fai aínda máis grande e feliz", confesa Riádigos.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O lalinense sinala que "aquí pon fin a miña longuísima tempada, seis meses a morte, que en breve farei un pequeno resumo do obtido. Dar as gracias ao meu mister Carlos Blanco pola súa profesionalidade e impecable traballo que nunca dubidei nin dudaré del, como sempre…fácil, sinxelo e o resultado seguro. E moitísimas gracias de novo a todos os que estiveron en todo momento a pé de cañón apoiando en toda a preparación. Gracias", recalca.


NOTICIAS RELACIONADAS:



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page