"Fomentar a actividade física implica saúde e ante a Covid é un factor moi importante estar ben"
- ecosdacomarca
- 2 feb 2021
- 2 Min. de lectura
"Para conseguir un estado de forma óptima é igual de importante facer exercicio ca o descanso e a nutrición"

José Ramón Riádigos durante un adestramento
Entrevista a José Ramón Riádigos García, adestrador persoal de Lalín
Laura Moure/Lalín
Os ximnasios permanecen pechados tras as últimas limitacións en Galicia para tratar de frear a pandemia da Covid-19. O lalinense José Ramón Riádigos, adestrador persoal, cóntanos como lles afecta isto ao seu día a día e tamén no traballo.
1.Como adestrador persoal que opina de que esteen pechados os ximnasios?
Por un lado vexo mal e por outro lado, podo chegar a entender que pechen. Fomentar a actividade física implica saúde e ante a Covid é un factor importante estar ben. Que eu saiba non hai ningún estudio que indique que a porcentaxe de contaxios sexa importante. Sempre que as normas se cumpran a raxa tabla non vexo risco de contaxio. A vista están os casos de contaxios que se producen. No caso de Lalín desde o inicio da pandemia hasta o día de hoxe nos ximnasios foron de cero casos.
2. Como afecta iso ao voso día a día?
Afecta negativamente porque para min e para a maioría de xente aparte de ser unha actividade física é unha vía de escape para desconectar da túa rutina diaria. O sector de adestradores persoais están nun momento crítico como tantos outros sectores actualmente. Non poder exercer a actividade polo peche dos ximnasios, agás algunhas clases vía online.
3. Así usan novos métodos de preparación debido á distancia?
Si, a única opción que nos queda é dar adestramentos vía telemática, utilizando materiais cotiáns baixo a nosa vixilancia para que o cliente exerza os exercicios correctamente.
4. Cal é a súa especialidade e en que consiste?
A miña especialidade é intentar que o alumno consiga os seus obxetivos e non todos buscan a mesma finalidade. Pero principalmente, manter unha vida saudable e un físico acorde co desexo da persoa.
5. Que se considera un bo adestramento?
Non existen mellores ou peores, o importante é saber adaptarse ás necesidades de cada persoa. Non todos buscan ca práctica do deporte os mesmos obxectivos. Para conseguir un estado de forma óptima é igual de importante a actividade física ca o descanso e a nutrición.
6. A motivación é fundamental, non?
A motivación é unha arma moi importante e fundamental a hora de conseguir os resultados desexados, non só á hora de adestrar. Cando tes un obxectivo en mente tes que estar motivado as 24 horas do día. E moitos acoden a nós por ese mesmo motivo.
7. Que perfil de persoas contratan os servizos dun adestrador persoal?
Todo tipo de persoas do máis principiante ata deportistas profesionais.
8. Supoño que os éxitos desa persoa ante os bos resultados tamén son os vosos.
O éxito e a confianza que a persoa deposita no seu adestrador. Así xuntos poderemos lograr as metas que cada un se propón. O adestrador só pon as ferramentas e os coñecementos e o alumno só necesita poñelos en práctica. Ese conxunto fará a diferencia entre o éxito e o fracaso.
Comments