Grandes resultados do lalinense José Riádigos no Campionato Internacional de Valencia
- Laura Moure
- 12 jun 2022
- 1 Min. de lectura
O seu vindeiro campionato será o 2 e 3 de xullo no Europeo de Francia coa Selección Española
Laura Moure/Lalín
O lalinense José Ramón Riádigos continúa sumando éxitos no mundo do Culturismo. Este sábado participou no Campionato Internacional de Valencia e obtivo uns grandes resultados:

* 1º Culturismo -1'75 cm * 2º Culturismo -1'72 kg * 2º Classic Physique T-Baja * 3º Classic Physique Absoluto PRO * Carne PROFESIONAL Culturismo Natural
"Contento non, o seguinte! Campionato de 10 en todos os aspectos (atletas, preparadores, público, organización, xuíces, resultados e demais", indica Riádigos a través das súas redes sociais. "Lévome ademais dos premios o mellor do campionato que foron as novas amizades, cariño da xente e o bo trato recibido por todos/as que non me faltou de nada en ningún momento!".
Agora xa está pensando no vindeiro campionato que será o 2 e 3 de xullo no Europeo de Francia coa Selección Española "onde será máis que un orgullo poder competir en representación do meu país. Agardo poder estar á altura e dar o mellor de min na miña primeira competición como Profesional en Culturismo Natural e coa Seleccion de España. Gracias a todos/as polo apoio e ánimo que recibín estes días que non foron poucos, gracias de corazón", subliña.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments