top of page

O lalinense José Ramón Riádigos, subcampión galego de culturismo na Categoría de Culturismo

Laura Moure/Lalín

Este venres en ECOS DA COMARCA publicamos unha entrevista da volta do lalinense José Ramón Riádigos ao mundo do culturismo. Volveu despois de detectarlle unha patoloxía cardíaca grave. Como el mesmo confesaba, nunca pensou poder subirse a unha tarima e isto para el foi cumprir un soño. Pero foi máis alá e obtivo un gran resultado: quedou subcampión galego na Categoría de Culturismo. "Unha categoría dura, pero moi bonita onde me enfrontei a competidores con físicos espectaculares", confesa Riádigos.


Así participou no campionato que se disputou este sábado en Vilalba e facíao como reto de superación, sen outras aspiracións. Sen embargo, ademais de ser un exemplo de constancia, superación e motivación logrou un gran resultado. Agora o día 21 de maio asistirá á Copa Nacional en Madrid.

Riádigos durante o campionato deste sábado.

"A verdade que estou super contento e para nada contaba con ese segundo posto, porque os obxectivos que levaba, como che comentara, eran de superación e para nada aspiraba a gañar, nin lograr un posto bo, porque consideraba que era un campionato no que eu non estaba a nivel. E mira ao final estiven loitando duramente con atletas de alto nivel. Foron atletas cun físico impecable, bonito... polo que estiven competindo cos do primeiro posto e foi moi gratificante", confesa. E sobre todo, este lalinense recalca que deste campionato se queda sobre todo co cariño que recibiu de tanta xente. "Dar as gracias á cantidade de xente, atletas, adestradores e xuíces que se acercaron a min para felicitarme pola posta en escena, o físico que saquei e por subirme a unha tarima despois de levar implantado no peito un desfibrilador a consecuencia de ter detectado a morte súbita... gracias de corazón porque foi o máis bonito do campionato".

Por todo isto, Riádigos volve desta competición con "moitas ganas de seguir traballando o meu físico e sobre todo, de ir agora a Madrid á Copa Nacional, onde vai haber o doble de atletas, xa que hai 190 inscritos".

Dende ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns!!


A entrevista completa publicada este venres antes da competición no enlace:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page