top of page

O lalinense José Ramón Riádigos disputará o Campionato de Europa en Francia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualizado: 30 jun 2022

Debuta coa Selección Española de Culturismo Natural


Laura Moure/Lalín

O lalinense José Ramón Riádigos non para de escalar. A súa volta ao mundo do Culturismo, despois dun grave problema de saúde, está cargada de éxitos. Esta fin de semana disputará o Campionato de Europa en Francia debutando coa Selección Española de Culturismo Natural.

"É algo que xamais na miña vida me pasou pola cabeza. Poder vestir e sentir estas cores, será algo incríble e posiblemente un dos mellores momentos e máis bonitos e especiais da miña vida ata o momento vivido", confesa o lalinense. "Espero estar á altura e saír coa miña mellor versión xa que tamén será o último campionato da tempada e de que mellor forma de facelo que representando ao meu país!"



Así mesmo, sinala que agora toca afrontar estes últimos días "que non serán nada fáciles e despois a por todas!".


Dende Ecos da Comarca desexámoslle toda a sorte do mundo!


NOTICIAS RELACIONADAS:


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page