top of page

O culturista lalinense José Riádigos logra tres platas no Campeonato de España AECN/ICN

Vén de clasificarse para o Campionato de Mundo coa selección española que se celebrará en novembro en Italia


Laura Moure/Lalín

O culturista lalinense José Riádigos segue sumando éxitos e desta volta consegiu tres platas no Campeonato de España AECN/ICN Spain, disputado en Palma del Río (Córdoba). Ademais, vén de clasificarse para o Campionato de Mundo coa selección española que se celebrará en novembro en Italia.

En concreto, este foi o resultado:

  • Plata en Talla/Peso Amateur

  • Plata en -72 kg Amateur

  • Plata en Profesional Classic


Publicidade

"Antes de nada dar as grazas á xente que sabe e soubo estar nos momentos malos e bos dando apoio, tanto no campionato como nos días previos e preparación. En canto ao campionato fíxoseme un pouco longo e duro ao saír en categorías como Profesional e Amateur, pero goceino como nunca. O camiño para subirse a unha tarima non é fácil para quen fai unha boa preparación en condicións, pero cando te ves arriba é algo indescritible, só o que está nela pode sentilo e expresalo. A nivel de atletas moi alto e uns físicos incribles, o que cada vez custa a vida subirse ao podium", sinala Riádigos.


Publicidade

Con este resultado está clasificado para o Campeonato del Mundo coa Selección Española que se celebra o 3, 4 e 5 de novembro en Perugia (Italia). "Agora toca poñerse as pilas esta tres semanas que restan para corrixir un par de detalles e dar o último apretón para facer o mellor posible no Mundial", resalta o lalinense.


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page