top of page

Falece Divina Peiteado, a muller de Cruces que fora localizada con vida despois de tres días perdida no monte

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O pasado 21 de decembro dabamos a boa nova de que aparecera e con vida a veciña de Toiriz (Vila de Cruces) que estaba desaparecida dende o luns 18. Foi unha enorme alegría e emoción atopala con vida. Porén na madrugada deste marte Divina falecía no hospital onde estaba ingresada dende o día que foi localizada e trasladada en ambulancia.


Publicidade

Durante o Nadal dende ECOS DA COMARCA falamos varios días con seu fillo José e decíanos que ía evolucionando pouco a pouco. O último día que falamos o día de Fin de Ano parecía que súa nai estaba moito mellor.


Publicidade

Dende o equipo de ECOS DA COMARCA lamentamos profundamente o seu pasamento e dende aquí mandamos o noso pésame a súa familia e seres queridos.


Publicidade

D.E.P.

NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2024 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page