top of page

Activado un dispositivo de busca para localizar a unha muller que se perdeu onte en Vila de Cruces

Ela é Divina Peiteado duns 80 anos e natural de Toiriz


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Buscan a unha muller uns 80 anos de Vila de Cruces que está desaparecida dende onte, luns, pola tarde. Ela é Divina Peiteado de Toiriz. A Unidade Operativa de Drons da AXEGA participou no operativo durante boa parte desta pasada madrugada. Desafortunadamente, o resultado foi negativo, tal e como informa o 112 Galicia.

Sobre as 18:30 horas da tarde foi a mesma filla da desaparecida quen comunicou ao 112 Galicia que a súa nai estaba perdida, saíra como de costume a pasear pero tras contactar con ela por teléfono, non sabía regresar á casa.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A partir de aí, a Garda Civil puxo en marcha o operativo establecendo para os distintos servizos de emerxencias que colaboraban na busca como punto de encontro a estrada de Agolada, en Toiriz, nas inmediacións do tanatorio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Así, ademais dos familiares, veciños, Garda Civil, GES de Lalín, efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, os drons da AXEGA, tamén formaron parte do operativo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Sobre as catro da madrugada, os técnicos do Grupo de Apoio de Intervención Loxística (GALI) da AXEGA comunicaban ao 112 Galicia as dificultades que presentaba a meteoroloxía para seguir operando cos drons, polo que interrompían a intervención para retomala durante o día de hoxe. Aínda así, aseguraban que os demais servizos de emerxencias continuaban na procura da octoxenaria.

Ela é Divina Peiteado.




コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page